Fidel Vidal. Marc Chagall, un dos grandes mestres da pintura, foi clasificado por máis dun crítico como “inclasificable”. A arte “é un estado da alma”, dicía Chagall. Cada vez que lle pedían que explicara as súas obras contestaba que el mesmo non as entendía. Unha boa mostra da súa obra gráfica pódese contemplar na Fundación Barrié da Coruña que, por mor da pandemia, vai prorrogarse até o día 26 de xullo. Co título Fábulas e soños, dividímola, seguindo os pasos da técnica empregada, en tres (o catro) apartados: litografías, xilografías e augafortes. A cuarta parte correspondería aos poemas escritos. Seguir lendo Chagall
Arquivo da categoría: Artes plásticas e escultura
Abstracto para «Á sombra da cinza»

Antonio Piñeiro. O pensamento é adoito un estorbo. Isto, que lemos nalgún libro de psicoloxía, proporcionounos unha vez a clave da interpretación da plástica directa, a da inmediatez, do xesto e, malia o paradoxo, da idea libre: da idea que, séndoo, voa sobre os desordenados recullos da conciencia emocional. Seguir lendo Abstracto para «Á sombra da cinza»
2020, o ano sen primavera
Pilar Sampedro. “O ano sen verán” (e tamén o ano da pobreza) foi como se lle chamou a 1816. Baixaran as temperaturas e o sol estivo oculto, as erupcións volcánicas en Filipinas e Indonesia foron causa de parte desta situación que provocou escaseza de colleitas e alimentos. Pero non foron só esas as repercusións da falta de verán, os efectos sobre a cultura fixéronse ver nas pinturas Seguir lendo 2020, o ano sen primavera
Pinocho (II). Como facer un fillo
Fidel Vidal. “Era unha vez un cacho de madeira”. Pinocho, antes de ser boneco era só madeira, leña, un pau que Maese Cereixa, o seu primeiro dono, pretendía partir a machadazos. Un tronco que, ao recibir os golpes, protestou laiándose: “Ai!”, queixouse a leña. Estamos no inicio da linguaxe como función comunicadora. No laio da materia, no lamento “mater” da madeira. A resposta materna desde o fillo como madeira e verdadeiro portador da nai. Paradoxal, si, mais o caso é que quen dá nome á nai non é a muller que xera un fillo senón o fillo que outorga título de nai a esa muller que o vai coidar, fose parido ou non do seu ventre. Seguir lendo Pinocho (II). Como facer un fillo