Fidel Vidal. O branco é o branco de neve dos contos de fadas, o branco da neve que tanto impresionou a John Christie: “Tralo o último libriño, nunhas poucas (citas) había referencias á neve ou á brancura. A maioría débense á miña fascinación polos primeiros exploradores polares”. Así Frederick Cook, sobre o Ártico: “… ningunha liña separa a terra do ceo, que están feitos da mesma substancia Seguir lendo Branco, camiño branco
Arquivo da categoría: Artes plásticas e escultura
Os Borbóns en pelota
Fidel Vidal. DORIO DE GADEX: Sabe vostede quen é o noso primeiro humorista, Don Filiberto? /DON FILIBERTO: Vostedes os iconoclastas dirán, quizais, que Don Miguel de Unamuno. / DORIO DE GADEX: Non, señor! O primeiro humorista é Don Alfonso XIII. /DON FILIBERTO: Ten a viveza madrileña borbónica… (Valle-Inclán, Luces de Bohemia). Seguir lendo Os Borbóns en pelota
Do verde como mensaxe
Fidel Vidal. “Verde, verde (…) Entre mim e o verde, a água do ar. A verde água do ar” (Clarice Lispector, A Paixão segundo G. H.). En canto dicimos verde axiña pensamos na herba fresca ou no efebo inmaturo. Mesmo na mirada pícara dun vello verde. Do latín viridis, vigoroso, vivo, mozo, resulta un termo complicado, xa que logo sendo unha cor ligada á serenidade e á esperanza, á boa saúde, tamén está relacionada cos velenos e coa morte. Seguir lendo Do verde como mensaxe
De manchas amarelas
Fidel Vidal. John Christie: “Ti dixeches: ‘É como se todas as cores (e en particular as puras) agardasen a espirse ou ser espidas’. “Quizais a cor ouro, que é especial (asociado á maxia e o sacro), é a única que está espida desde o principio”. John Berger: “Grazas polo ouro (…) A goma xaponesa é como o mel, non si? Será o mel o equivalente vivo do ouro?” Seguir lendo De manchas amarelas