Fidel Vidal. Etimoloxicamente cama significa “leito no chan”, de legh, “estar deitado”. Mais non estamos a falar desa focha onde repousar ou gardar e criar unha camada senón da cama como moble, e este como obxecto de inspiración artística ou mesmo como obra de arte. Seguir lendo A cama de Tracey Emin
Arquivo da categoría: Artes plásticas e escultura
A derradeira liçom do mestre

Alberte Pagán. Entre o 5 de outubro de 2018 e o 3 de março de 2019 tivo lugar, no Museu Centro Gaiás da Cidade da Cultura compostelá, a exposiçom “Castelao magistral”, artelhada arredor do seu óleo A derradeira liçom do mestre. Era a primeira vez que o quadro, pintado em Buenos Aires e propriedade do Centro Galicia da capital portenha, visitava a Galiza. Titulado A derradeira leición do mestre, este grande óleo de 1945 retoma e amplia a pequena estampa número 6 que no álbum de guerra Galicia Mártir (1937) levava por título “A derradeira lección do mestre”. Seguir lendo A derradeira liçom do mestre
A cor de Venus
Antonio Piñeiro. Xosé Luís Veiras Manteiga é, con certeza, un dos autores de selo, traxectoria e proposta máis claros do noso eido artístico. É tamén un dos máis intensos e concienciudos laboradores. Dígoo tanto polo seu ritmo coma pola súa erudición. Seguir lendo A cor de Venus
A gran premonición
Eme Cartea. Manuel Romero non lle debe nada á vida, excepto vivir. Un self-made man inxente que encarou a vida con insubornable autenticidade e ganas de chegar. Sempre máis. E sempre tenaz autocrítico na busca, coma Cézanne, da seminal inocencia da forma. Seguir lendo A gran premonición