A gran premonición

BM29P1F1_221411Eme Cartea. Manuel Romero non lle debe nada á vida, excepto vivir. Un self-made man inxente que encarou a vida con insubornable autenticidade e ganas de chegar. Sempre máis. E sempre tenaz autocrítico na busca, coma Cézanne, da seminal inocencia da forma. Creador admirable e admirado, pinta e talla obsesiva e necesariamente afastado dos focos de modas exiguas e estilos continuos. Por algo, sobre todo no mundo anglosaxón, goza do favor da crítica máis esixente e da admiración de artistas coevos e público.

Artista dialóxico

A súa pintura vai da figuración á abstracción lírica, cunha querenza particular polo uso da cor, harmónica ou contrastada, absorbente ou velada. Encarna coma ninguén o artista dialóxico (pintor-escultor) que converte o silencio e mais a soidade en Arte Maior, con resonancias poéticas e musicais que nos abstraen e incitan á contemplación recollida.

Pero hoxe traémolo aquí, ás Letras da Arte, como artífice dun memorándum social, que foi no seu día catástrofe ambiental en máis de dous mil quilómetros de litoral. E como Manuel Romero só se sente libre a soas coa pintura, cando precisa reprobar algo, faino co pincel en ristre. Por iso, en 2002, sente que ten que criticar o estado dos «mares negros, dos barcos de escaparate» e o uso e abuso curtopracista que se fai da pesca «por diñeiro». Así que, plasma en seis debuxos e oito pinturas estas sensacións de desabor. Todo isto nove meses antes do afundimento do Prestige fronte á Virxe da Barca, de seda e cristal. Casualidade? Premonición?, pregúntase el e mais nós.
Estarmos alerta

Unha alegoría que nos prevén e anima a estarmos alerta perante tanta catástrofe provocada pola ignorancia, o espolio e a distopía. Contaminación, cambio climático. Meudeus!, quo vadis, Humanidade?

Manuel Romero pode ser asceta e romántico, formalista e lírico, reflexivo e vehemente. A súa arte faise polivalente, aberta, expresión social pero dona das súas propias regras. Idea si, pero tamén novidade. E pouco importa que, como di Picasso, «sexa esa gran mentira que nos axuda a ver a verdade» e a vida. No noso autor cúmprese a máxima de Wolf Vostell: «Arte é vida, vida é arte».

Peregrino transterrado, tamén na súa creación, procura a excelencia como catarse e desquite dunha nenez embazada, a patria de seu, e converte un soño imposible en vital aventura: a de ser artista. Dos grandes. Esencial e inexplorado. Absolutamente.

Un comentario en “A gran premonición

  1. ¡¡ Hola, querido Cartea !! qué bien que hayas amanecido hoy por estos lares que son los tuyos aunque no obstante poco te asomas a ellos.
    La frase con la que comienzas tu artículo me ha parecido muy pintoresca ( nunca mejor dicho siendo aplicada a un pintor ) pero yo creo que a la vida le debemos algo más que vivir. Estoy segura de que Manuel Romero pinta y esculpe con placer y deleite, sus matrículas de honor recibidas a lo largo de su carrera artística le habrán dado muchas satisfacciones y eso también se lo debe a la vida. Sé que ella nos da muchos palos pero eso está dentro del paquete que nos asignan. Cuando la vida, querido Manolo, hace horas extras …
    Ahora ya lo tenemos en casa y ojalá esté por muchos años mostrándonos su cultura.
    Termino, pues Cronos ya está metiendo el acelerador señalándome las obligaciones domésticas.
    Ha sido un placer leerte nuevamente, no te hagas el remolón y hazte visible más frecuentemente.
    Besiños palmeiráns.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *