Arquivo da categoría: Artes plásticas e escultura

Dous nenos na Exposición de París de 1898

Expo paris 1889Fidel Vidal. Os recadros de Azorín (Biblioteca Nueva, Madrid, 1965) é unha “edición homenaxe” ao autor polo seu noventa aniversario que contén unha manchea de artigos tirados das páxinas do ABC. Un deles, Homenaxe Debido, vai dedicado a Emilia Pardo Bazán, “unha homenaxe que lle debemos os españois”. Ambos autores coñecéronse en Madrid e mantiveron correspondencia. Azorín visitouna no “entón deshabitado” pazo de Meirás: “Quere sabelo todo, téntaa, en San Francisco de Asís, o misticismo”, mesmo “proba o naturalismo” e ensaia “un rexionalismo amplo e non exclusivo”. Seguir lendo Dous nenos na Exposición de París de 1898

A culler como obra de arte

37ece4af5190cfbaa55191e83671f39bFidel Vidal. A forma actual da culler -un utensilio usado desde a prehistoria- toma forza cando se realiza en madeira, e cobra relevancia no século XV desde que Nicolás de Cusa aposta por este instrumento para establecer unha teoría sobre a arte. A arte como imitatio da natureza, se ben a culler non se parece a nada existente, malia que o seu nome derive de cuncha ou de cóclea, a forma dun caracol, onde falta o mango tan propio da mesma. O home imitando ou copiando a natureza. Paul Klee dicía que a arte non debe copiar o visible senón facer visible, ofrecer algo novo creado polo artista. Seguir lendo A culler como obra de arte

Abrazo ausente. Lucía Romaní

Letras da Arte. ImaxeAntonio Piñeiro. Cruzo un desierto y su secreta / desolación sin nombre. Ás veces, cando me atopo diante dun cadro, véñenme á cabeza os versos de José Ángel Valente. Quero traer hoxe o comezo deste, tan coñecido, ben adrede polos seus simbolismos, polas súas connotacións, pola súa poderosa forza de suxestión. O poema fala do ser, claro, da andaina da vida. Emprega unha paisaxe. Dá unha imaxe do baleiro. Hai una sorte de silencio destilado na mostra de Lucía Romaní. Unha busca do esencialismo de raíz paisaxística, na que está tamén a busca do ser. “Un pouco de min” ­ -coido que dixo ela-. Seguir lendo Abrazo ausente. Lucía Romaní

Rosana Calvo. Gravadora noiesa

BY25C4F3_205758Eme Cartea. O gravado é coma o sexo: non é só reprodución (Like sex, printmaking is not solely about reproduction).  Abordamos hoxe unha obra da xa recoñecida gravadora noiesa Rosana Calvo, que podemos contemplar, xunto coa obra doutras grandes dez artistas do Barbanza, na exposición que a Fundación á Estampa Dixital de Artes organizou en torno ao libro Seguir lendo Rosana Calvo. Gravadora noiesa