A culler como obra de arte

37ece4af5190cfbaa55191e83671f39bFidel Vidal. A forma actual da culler -un utensilio usado desde a prehistoria- toma forza cando se realiza en madeira, e cobra relevancia no século XV desde que Nicolás de Cusa aposta por este instrumento para establecer unha teoría sobre a arte. A arte como imitatio da natureza, se ben a culler non se parece a nada existente, malia que o seu nome derive de cuncha ou de cóclea, a forma dun caracol, onde falta o mango tan propio da mesma. O home imitando ou copiando a natureza. Paul Klee dicía que a arte non debe copiar o visible senón facer visible, ofrecer algo novo creado polo artista.

O exemplo da culler, un aparello de cociña bastante vulgar, quizais tan vulgar coma o mesmo idiota do que fala Nicolás de Cusa, o ignorante, consciente da súa arte, contempla a madeira, até encontrar nela a forma de culler. “Non se trata de mirar as ideas eternas e sacar delas a imaxe da culler. Para o ignorante, a culler está no anaco de madeira. O seu esforzo consiste en vela e espremela” (A. Hubert Robinet, “O ser e a culler”. Meditación sobre o ser en De Mente de Nicolás de Cusa, Veritas, 2012). De igual forma Miguel Ángel espremía, desbotando o mármore sobrante do bloque que gardaba a escultura que el ideara. Deste xeito podemos entender, segundo comenta Alexia Schmitt, o pensamento cusano como unha anticipación dun dos aspectos constitutivos da subxectividade moderna: a mente humana en tanto principio intelectual creador (mens como imaxe de Deus) ou, para nós, a arte como concepto.

jnnp-2000-January-68-1-35-F1.largeNun paso adiante –seguindo a João Maria André (A dimensión simbólica da arte en Nicolás de Cusa)-, “non se trata dunha relación de exterioridade ou de representación a que se establece entre o símbolo artístico e o que nel é simbolizado, pero si unha relación na que, salvagardadas as debidas distancias, poderíase dicir, que le symbole donne a penser”, parafraseando a P. Ricoeur cando presupón que o “xogo da festa simbólica” é unha “apertura ao ser”. “Pódese constatar que a dimensión simbólica da arte pensada por Nicolás de Cusa non está, xa que logo, tan lonxe do século XX, como suporíamos pola diferenza de cinco séculos”. De feito, no século XV a arte aínda é a “téchne” e mantén unha relación harmoniosa coa natureza. “A partir do século XVII arte e técnica sepáranse en dous tipos distintos de actividade, que supoñen tamén diferentes modos de relacionarse coa natureza, que repercuten nunha nova recreación da natureza”.

Vexamos varias obras onde a culler está presente: Muller culler, de Giacometti; Vasos de absintio, de Picasso, con culler de prata e un terrón de azucre enriba, ou L´horloge du vent (Reloxo de vento), de Miró, unha culler de madeira atravesando unha caixa de cartón que se crava noutra circular a xeito de peneira, en bronce (fundición á cera perdida e patinada).c19a8376757b0426da4cc252adf888a8 Nestes días, desde o 20 de marzo até o 2 de setembro, vense celebrando unha exposición no Centro Botín de Santander (Joan Miró. Esculturas: 1928-1982). Estamos a falar dunha culler que deixa de ser útil para ser outra cousa: algo inútil na súa función orixinal. De súpeto, o valor de uso mudou de forma significativa en canto o obxecto caeu en desuso para se converter nunha peza singular: nunha obra de arte. Nese intre o custe da mesma tamén virou: non ten prezo. Segundo quen a asine, o prezo será inalcanzable para os comúns dos mortais, que se conformarán coas sinxelas culleres para tomar o caldo. A arte ao noso alcance.

2 comentarios en “A culler como obra de arte

  1. Con trinchante ou culler, benvida, miña atenta Magdalena!
    Eu tampouco son de culler, mesmo a desboto para comer unha fabada. É un pracer volver tomar un café contigo e ler os teus sempre axeitados e ilustrativos comentarios.
    Saúde e bo verán.
    NOS SOÑOS SOÑOS SON

  2. Buenos días, querido Fidel:
    Ya cansada de cultivar la nostalgia por el Café, y de un corto silencio reflexivo imponiéndome un coto temporal para ordenar otras exigencias, aquí estoy.
    Bueno, os digo lo de siempre: vuestros toros son muy difíciles de lidiar, no hay que carecer de un intelecto expansionista para poder contestaros a tan pródigos comentarios, y el mío, por desgracia, ya va por la rampa de la decadencia dando tumbos; no obstante trataré de tomar algún café barbantiano, aunque no tantos como Honoré de Balsac, (decían que era un gran consumidor de ese alcaloide, que se tomaba más de 50 tazas diarias) yo, espero saber aplicar la continencia a la cafeína, ya que es mejor pecar por defecto, que por exceso.
    Querido Fidel, como siempre, tus artículos son fantásticos. Yo no soy mucho de cuchara, tal vez me decante más por contemplar esas obras de arte convertidas en mujer, que comer una fabada o unas lentejas, de todas maneras a los que les guste la cuchara, introducirla en un guiso caldoso y bien preparado no tiene precio; creo que hasta Giacometti cambiaría su obra por insertar la concha en esa suculencia.
    Besiños palmeiráns.
    ARDE YA LA YEDRA.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>