Arquivo da categoría: Artes plásticas e escultura

A luz fluída de Manuel Paz

«Castiñeiras» pode verse na exposición do Concello. Foto Carmela Queijeiro
«Castiñeiras» pode verse na exposición do Concello. Foto Carmela Queijeiro

Antonio Piñeiro. O tempo, ás veces, volve a nós a través do intre, da paisaxe moldeada por unha raiola, un estado de ánimo ou a lente sensibilizada dun fotógrafo. Hai ese algo que conservan os obxectos, os recullos, e que a miúdo só ese trebello propiciador é quen de extraer. Ese algo polo que sabemos que o con non é só un con. Seguir lendo A luz fluída de Manuel Paz

Exposicións no Barbanza, Alfonso Rivero de Aguilar ou a lectura da pedra

ARdAPilar Sampedro. Alfonso é escultor. Traballa a pedra; moitas veces faino con pedras semipreciosas como sucede coas asturianas pedras de Llanes ou Covadonga. Pero sempre as trata como se o fosen, como xoias que gardan un tesouro que o artista debe descubrir para poder intervilas. Escólleas, míraas, remíraas, admíraas, dálles a volta, xira arredor delas… e agarda, ata que a pedra colle confianza e se abre para mostrarlle o que quere ser. Trátase dun traballo a medias, no que o escultor escoita a pedra e a vai interpretando coa súa sintaxe, dando pasos lentamente para non traizoala, nun diálogo frutífero, nunha comunicación case espiritual. Seguir lendo Exposicións no Barbanza, Alfonso Rivero de Aguilar ou a lectura da pedra