Pilar Sampedro. O surrealismo vénlle de lonxe a Anselmo Lamela. Anda nel desde os anos setenta do século pasado cando formaba parte do FOGA (Fato de Ounirismo Galego), un movemen-to medio anarco que andaba por Compostela e movéndose por Galicia especialmente polo Salnés. Méndez, Kukas, Silva, Leiro, Seara… formaban parte deste grupo que realizou varias exposicións e performances naqueles tempos. Seguir lendo Exposicións no Barbanza, Anselmo Lamela e os seus arcanos da imaxinación
Arquivo da categoría: Artes plásticas e escultura
Exposicións no Barbanza, Jorge Agra, herdeiro do pop art
Pilar Sampedro. Jorge Agra é fillo da chamada arte pop ou popular, daquela que nace dun mundo pragado de marcas nos produtos, en vallas e carteis, na publicidade e na propaganda, nos mass media e o deseño, nos ídolos mediáticos, na moda; en fin, nese entramado que forma a sociedade de consumo. Unha iconografía recoñecida por todos e todas nós que nos leva aos sesenta cando se comezou a traballar e nos trae ata a actualidade. Unha arte que ten, entre nós, as fontes no Equipo Crónica e, a nivel internacional, en artistas como Andy Warhol e os seus personaxes famosos que equiparaba a latas de sopa ou as derivacións do cómic de Lichtenstein. Seguir lendo Exposicións no Barbanza, Jorge Agra, herdeiro do pop art
Ser no espazo
Antonio Piñeiro. Engaiolante, poética, mentalísima exposición a que atopamos estes días no local do Amanitas, da Pobra. B. A. de Santa Baia de Monroi amósaa, por certo, nun dos establecementos que dende sempre máis veñen poxando pola arte xenuinamente barbanzá. Seguir lendo Ser no espazo
Da familia Negro
Pilar Sampedro. Hai uns días citaba aquí, aos artistas galegos nas exposicións do CGAC para referirme a ModeloXarmar no que se mostraban obras de galegos producidas entre mediados do século pasado e a actualidade. Daquela, non recollín outra exposición que tamén ocupa, neste momento, as salas deste Centro. Seguir lendo Da familia Negro