Arquivo da categoría: Artes plásticas e escultura

A ollada da «Nena na praia»

BD21C3F3_214851Antonio Piñeiro. Antonio Pérez está xa inmerso no seu próximo proxecto artístico. O taller de Ribeira, sen que nos decatáse-mos, hai tempo que está a botar os fumes cromáticos da súa ardencia. Sóubeno nesta miña última visita. Nin de lonxe daría en imaxinar o que estaba a piques de me amosar. No medio da conversa saíu un grupo de figuras de nenos. Seguir lendo A ollada da «Nena na praia»

Manuel Romero Castro. Pintor

romero
«Journey to the Stars, VIII». 2002

Eme Cartea. Noiés de nacemento e de corazón dende 1943, a vida deste extraordinario pintor, abraiante de trazos e de sabor dickensianos, sería digna de ser novelada. A súa orfandade demasiado temperá empúrrao a sobrevivir entre hostilidades agrestes e rebeldías adoles-centes ata que, con 21 anos, emigra a Londres. Seguir lendo Manuel Romero Castro. Pintor

O boghador

As Letras da Arte. Imaxe2Antonio Piñeiro. Sen arrefriar de vez aínda as faíscas da súa última obra, Che Tembra abre unha nova mostra na sala de exposicións da Sociedade Liceo de Noia. Estiven presente mentres remataban de a montar. Malia as idóneas dimensións do espazo, vin como houbo que facer arranxos de última hora para poder acoller o prolífico traballo. Os espazos adoitan sempre quedarlle curtos a este home, dada a apaixonada actividade na que sempre anda. Seguir lendo O boghador

Celebrando Barbantia

Foto: La Voz de Galicia
Foto: La Voz de Galicia

Pilar Sampedro. Hai certo tempo, a Asociación cultural Barbantia entregou os seus premios anuais, que neste caso recaeron en Aurora Marco, Manuel del Río e Ámbar, nun acto no que ademais se presentou o Anuario de Estudos do Barbanza. Un sábado pola mañá, no que tivemos ocasión de recoñecer o bo facer desta entidade e, tamén, o magnífico enclave da casa da cultura de Outes. Seguir lendo Celebrando Barbantia