Arquivo da categoría: Artes plásticas e escultura

Ricardo Dávila. Escultor de compromisos

Círculo infernal. Colaxe con muller entre arames de espiños
Círculo infernal. Colaxe con muller entre arames de espiños

Eme Cartea. Fago meu o limiar que Isabel Santos, con exquisita lucidez, fixo para o catálogo da última exposición de Ricardo Dávila, que se pode visitar no Museo Etnográfico de Artes, grazas ao encomiable labor e dedicación do seu presidente Manuel Reiriz (“Digar”).  Referencia Isabel as 18 pezas de escultura, mais tamén os rostros esculpidos das persoas do lugar que lle serviron de modelos ao artista nado no Muíño Vello (a cabalo entre Palmeira e A Pobra) e que, dende rapaz, converteu a súa vida nunha paixón ilimitada pola talla e o modelado. Porque, máis alá da súa depuradísima técnica, falamos dun escultor de ideas e de emocións, a quen a inspiración sempre atopa coas mans na masa, como esixe o bo pan. Talento e dedicación asemade. Seguir lendo Ricardo Dávila. Escultor de compromisos

“Libertas”. Instalación e compromiso

libertasEme Cartea. Entre o 26 de setembro e o 2 de outubro de 2016 celébrase en Ourense, por segunda vez en Galicia, o 82 Congreso do PEN Club Internacional, organizado polo PEN galego -presidido por Luís González Tosar, O Che, coordinado e dirixido por Xabier Castro, e ao que asisten máis de 200 escritores de 80 países co lema, Tendendo pontes literarias Seguir lendo “Libertas”. Instalación e compromiso

Eloxio da copia e do debuxo

dibujar

Fidel Vidal. T. S. Eliot deixounos esta frase: “Os poetas inmaturos copian, os maduros rouban”. Isto non significa estar a favor do plaxio senón de aproveitar as vantaxes que supón practicar guiados da man dos mellores. Así é como concibo o volume Debuxar cos grandes mestres, de Jeffery Camp (Blume, 1982), ofrecido como outro método para aprender a arte do debuxo, mais resulta ser diferente do habitual nesta clase de obras. O texto vén recomendado e presentado por David Hockney: “É o libro máis completo de trazos en follas de papel que vin na miña vida”. O pintor admite que “calquera é quen de aprender a debuxar realmente ben, exactamente igual que se aprende a escribir”. Seguir lendo Eloxio da copia e do debuxo