Arquivo da categoría: Artes plásticas e escultura

Ester Rincón-Benzalá

ester
«Trampa». Gravado en prancha de cartón con tarlatana e logo pintado

Eme Cartea. Neste gravado de Ester Rincón-Benzalá, que formou parte da colectiva BarbantiaRte V, titulado simbolicamente Trampa, a causa da súa polisemia formal e expresiva, a autora bota man dun procedemento non recorrente que nos achega a unha técnica sinxela e próxima que se arreda doutras formas que nos son máis canónicas. No catálogo da exposición lemos: «A súa obra sitúase entre a figuración e a abstracción. Seguir lendo Ester Rincón-Benzalá

2017. Corenta anos do Museo do Pobo Galego

museo
No inmoble está a orixinal escaleira feita por Domingo de Andrade

Pilar Sampedro. O museo privado máis grande de Galicia está a cumprir corenta anos. Iso é algo que debe aledarnos a todos os galegos porque o museo, aínda pertencendo aos seus socios, naceu co fin de representarnos a todos. A actual campaña publicitaria non podería dicilo de maneira máis clara: «Igual que os Thyssen, os Rosthschild ou os Guggenheim… temos un museo» Seguir lendo 2017. Corenta anos do Museo do Pobo Galego

Atadoras en roda, de A. Pérez

antonio pérez
A plumiña de Antonio Pérez recolle unha antiga estampa de Ribeira

Antonio Piñeiro. Hai unhas semanas asistiamos en Ribeira á presentación da última colección do noso admirado Antonio Pérez. Nesa ocasión, o tema era a natureza morta, o still life dos ingleses. Ou as naturezas mortas, porque un nunca rematou de saber se é xénero un ou múltiplo, xa que o significado de ambos os dous conceptos semella estar en todo Seguir lendo Atadoras en roda, de A. Pérez

Máis alá da pintura

SOLISTAAntonio Piñeiro. O que non esperamos, ao asistir a unha mostra pictórica, é ser nós o obxecto da observación, ser nós os observados/as. Iso é o que me aconteceu con esta última de Mónica Ayaso. Atopei esa ollada inversa, multíplice, mais unívoca, que semellaba coma dun ente vivo ou unha presenza máis alá da pintura. O ollo, fixo en nós, deste Solista celestial, que fun atopando/sentindo mentres facía o percorrido.

Escoitabámolo dende os vellos escanos da facultade: La chiquita piconera(Julio Romero de Torres), a moza da perla (Vermeer), a ollada de Inocencio X (Velázquez) ou o ollo de Buñuel. Seguir lendo Máis alá da pintura