Fidel Vidal. Salvador Dalí, malia o seu método paranoicocrítico e os seus espaventos teatrais, non padece de síntoma ningún, porque é el, o propio Dalí, o verdadeiro síntoma (na liña do “sinthome” -“saint” “Tomás”- de Lacan, lugar onde se unen o real, o imaxinario e o simbólico). Pertence a ese grupo de persoas que son quen de se faceren cun “nome”. De pequeno Dalí quería ser Napoleón e disfrazábase de rei. No seu apoxeo creador píntase nun autorretrato como unha nena na praia levantando o mar por unha esquina. Xa maior goza posando sentado nun trono coroado. Seguir lendo Dalí como síntoma
Arquivo da categoría: Artes plásticas e escultura
Dalí como escusa
Fidel Vidal. Un dos espazos máis enriquecidos en 2007 do Museo Nacional Reina Sofía, foi o dedicado ao surrealismo con obras como Monumento imperial á muller nena que representa a descomposición da materia, O enigma sen fin a simulación, ou O gran masturbador, nunha das súas grandes obsesiones sexuais, onde Dalí aparece como a principal estrela. Seguir lendo Dalí como escusa
Necesidades de artista
Francisco Ant. Vidal Blanco. O retrato que todos temos en mente de Leonardo da Vinci é o dunha persoa tranquila, pacífica e humilde, e sen negarlle a bonhomía, recoñecemos que esa apreciación só é válida se fose certo iso de que a cara é o espello da alma. Tamén creo que se vivise neste tempo, sería antibelicista e antitaurino entre outras moitas cousas. Seguir lendo Necesidades de artista
Mecky Maceiras. Autorretrato

Antonio Piñeiro. Hai ideas, imaxes, que xa están aí. Outra cousa é pasar por diante delas e decatarse. Aínda diría eu máis, levándolle un pouco a contraria ao circunloquio cartesiano: quizais todas as ideas sexan iso, e que o pensalas sexa só outra forma do seu fluír, unha linguaxe abstracta e aberta á concepción doutras linguaxes. O mapa dunhas pencas, por exemplo. Seguir lendo Mecky Maceiras. Autorretrato