Arquivo da categoría: Artes plásticas e escultura

Soledad Penalta. Escultura de noso

soledad
«Palabras precisas para acender un lume» é unha escultura en aceiro corten que forma parte da exposición Nós-Outras

Eme Cartea. É xa un tópico dicir que o posmodernismo, que se inicia nos anos oitenta do século pasado, renuncia ao compromiso dos grandes relatos, a innovación, o progreso e a crítica, propios das vangardas artísticas, e pasa a defender as formas eclécticas, de inspiración industrial e popular que supoñen o debilitamento entre os xéneros e un crecente uso da intertextualidade, visible en colaxes e pastiches de claras resonancias históricas. Seguir lendo Soledad Penalta. Escultura de noso

Soledad Penalta, a escultura sen límites

penaltaEme Cartea. Nos/as artistas hai vocacións temperás e vocacións serodias. Soledad Penalta é das madrugadoras, desas que nacen con mans de pincel ou cicel e un soño insondable na ollada. Logo, xoga co tempo e o espazo en fórmulas de maxistral expresión porque sabe que o que permanece é a fraxilidade da arte.  Seguir lendo Soledad Penalta, a escultura sen límites

O realismo de Xoán Fernández

«Couso II» está exposto no Liceo Marítimo de Ribeira Foto C. QUEIJEIRO
«Couso II» está exposto no Liceo Marítimo de Ribeira Foto C. QUEIJEIRO

Antonio Piñeiro. Calquera que teña algunha vez probado as dificultades técnicas de se achegar ao realismo de Xoán Fernández poderá dicir que nalgún intre do proceso foi consciente de que a meirande dificultade non é a do manexo dos medios, nin dos enfoques, nin dos materiais, nin das mesturas, senón que é unha cuestión de vista. De vista de ollada, non de visión. Seguir lendo O realismo de Xoán Fernández

Corpos e cor, de Veiras Manteiga

corposAntonio Piñeiro. Dicía, hai xa tempo, que Veiras Manteiga é un autor paradigmático, un autor que gusta do anovar, un autor que ofrece unha sorte de eclecticismo da arte, ao tratar de xeito pictórico temas coma o teatro, a danza ou a música. Falabamos, hai poucas semanas, da sala de exposicións do Liceo de Noia coma paradigma da acción cultural na bisbarra. Seguir lendo Corpos e cor, de Veiras Manteiga