Arquivo da categoría: Artes plásticas e escultura

Homenaxe no centenario da «Metamorfose» de Kafka

artesEme Cartea. Franz Kafka (1883-1924), xudeu de pai autoritario, levou unha vida escura, retraída e melancólica. Autor de obras coma O castelo, O procesoCarta ao pai… escribiu A metamorfose en vinte días, no 1912, e foi publicada en 1915: novela curta (ou conto longo) no que, segundo Borges, «o argumento e o ambiente son o esencial». Seguir lendo Homenaxe no centenario da «Metamorfose» de Kafka

«Daturas», de Sofía Regueira

As Letras da Arte. Abril. ImaxeAntonio Piñeiro. Dos nenúfares dicía Monet que pasaran a ser coma a obsesión cromática dos seus días. Practicamente, os últimos anos foron os dunha complicidade entre a ensinanza desa natureza cambiante e a súa propia evolución coma artista. As flores (a natureza) facilítanlle ao pintor a comprensión de sutís linguaxes, intres, cores, luces, realidades cambiantes. Sofía Regueira -coido- está niso mesmo. A flor é un estudo/estado do tempo. Seguir lendo «Daturas», de Sofía Regueira

O escultor noiés máis internacional do século XVIII: Felipe de Castro

felipe de castroDolores Villaverde. Unha vez máis, coma en varias ocasións do que se leva publicado no suplemento A voz de Barbantia, será a vila de Noia o berce do autor que imos  lembrar nestas  Letras da Arte, Felipe de Castro, quen foi non só un artista distinguido no noso país senón que chegou a ser dos máis importantes de España, e incluso de Italia, converténdose nun tallista mundialmente coñecido, pero que hoxe en día para os “profanos” na historia da arte posiblemente sexa un  descoñecido, quizais porque destacou sobre todo fóra de Galicia. Sábese que naceu en Noia no 1711, manifestando dende neno a súa vocación pola escultura. Seguir lendo O escultor noiés máis internacional do século XVIII: Felipe de Castro

Elia Núñez Barez. “Warpaintings”

pink & red on whiteEme Cartea. Elia Núñez Barez sabe que a cada tempo a súa técnica. Eis o signo do saber. Nun percorrido que non lineal nin progresivo (propio das vangardas do pasado século), que ha mirarse, non só no grande espello ao longo do camiño stendhaliano, senón na multiplicidade temporal e espacial da realidade de hoxe en día, que demos en chamar posmodernismo. As imaxes que de Elia podemos contemplar na galería O Faiado, de Ribeira, son á vez tránsito e transo, realidade exterior e poética, proceso e resultado solemne. Seguir lendo Elia Núñez Barez. “Warpaintings”