Miguel Mariño. Que sorte teñen os británicos! A sorte de que unha das artes da modernidade, o cómic, se interese polos seus clásicos. Clásicos que, se o son, poden con todo: adaptacións, novelas gráficas, cómic, cine… Con bos, mediocres e malos resultados, pero si, poden con todo; non son obxectos para a vitrina ou o escaparate, seguen a vivir, transfórmanse.
En 1996 o debuxante Martin Rowson publica en inglés o seu cómic sobre Sterne e o seu Tristram Shandy, que agora aparece en español, da man de Impedimenta (2014) cun gran tradutor, Juan Gabriel López Guix. Guix traduciu a Twain e a Wolfe, a Steiner e a Saki, a Carroll ou a Barnes. Seguir lendo Clásicos en cómic


