Arquivo da categoría: Artes plásticas e escultura

263 mandas para Isaac

Retrato a fío de Ana de Vilatuxe sobre debuxo de Siro
Retrato a fío de Ana de Vilatuxe sobre debuxo de Siro

Pilar Sampedro. Porque “manda” é un agasallo, unha doazón, un legado… aí están as 263 mandas que se envían a Isaac polo correo da inmortalidade.

Porque manda é o que se pode coller, dunha vez coas mans, aquí está este monllo de obras que van dende as pinturas e esculturas ás fotografías e instalacións, dende as pezas musicais e as artesanías de todo tipo (pezas de xoiería, téxtil, cerámica…) á escrita en forma de narración, poesía, ensaio… e outras de difícil enmarque.

Porque manda tamén é un grupo que vai xunto, é dicir, un conxunto de elementos, aí os estamos, todas e todos os que detiveron o seu andar para dedicarlle un tempo ao Isaac. Seguir lendo 263 mandas para Isaac