Arquivo da categoría: Xosé Manuel Lobato

Lembranza

Foto: La Voz de Galicia
Foto: La Voz de Galicia

Xosé Manuel Lobato. Liberadas, tentan sobrevoar decorando unha bóveda gris de lilas místicas, ocres intensos, amarelos suaves, marróns murchos, vermellos difusos… son a gran comitiva de caducas no ar. Novembro, mes de excelencia outonal, na paradoxal decadencia floral, murcha o ánimo, emerxendo con intensidade os recordos en íntima comunicación coa saudade pretérita. Seguir lendo Lembranza

Apego de terra

48298819827_ce2eb3e909_cXosé Manuel Lobato. Afasta Negrumante deste nártice outonal as sete damas da festa. Así che reclaman con afouteza, aparta o teu degoxo desta festeira vila.

Fermosos solpores de esgotamento estival decoran as augas da ría anfitrioa de Ulla e Té, esplendorosos coloridos sobre ese mar de Rianxo que beixa con delicadeza unha contorna  enfeitizada para calquera cálida mirada.

A sensibilidade do ser humano consegue que as persoas nunha grande maioría se identifiquen e mergullen nesa terra onde moran de hábito. Seguir lendo Apego de terra

Días despois…

Deseño-PL-bo-2Xosé Manuel Lobato. “E o coitelo afundido na lingua/os bufóns celebrando o etnocidio.” (Paco Souto). Primaveral alborexar sobre o Xurés, un rechouchío inquedo, mesmo convulsivo e obsesionado, coroa de acordes un afinado soar, conquistando dende a profunda vexeta toda a contorna. No ar sobrevoan brancas linguas necesitadas de agarimo e comprensión, mesmo innecesario nun pobo cun alto estadio de coherencia e dignidade

Seguir lendo Días despois…