Lembranza

Foto: La Voz de Galicia

Foto: La Voz de Galicia

Xosé Manuel Lobato. Liberadas, tentan sobrevoar decorando unha bóveda gris de lilas místicas, ocres intensos, amarelos suaves, marróns murchos, vermellos difusos… son a gran comitiva de caducas no ar. Novembro, mes de excelencia outonal, na paradoxal decadencia floral, murcha o ánimo, emerxendo con intensidade os recordos en íntima comunicación coa saudade pretérita. Os soutos espidos, as carballeiras fiando no ventre do vento, o xardín colectivo sen arrecendo de seu, e as amizades que traspasaron a liña na memoria.

Mes significativo en Gres así como en todo o universo literario galego e universal. Nese patrimonio inmaterial que sobrevoa coma feitizo de primoroso enxoval encontramos a extensa obra de Neira Vilas.

Pepe, nado un 3 de 1928 e finado un 27 de novembro de 2015, debe permanecer na memoria colectiva sempre, especialmente neste seu mes. No presente ano, a súa fundación declarou o 3 de novembro como día de Neira Vilas; e con tal motivo desenvolvéronse diferentes actos, de forma especial nos centros educativos de Galicia.

Imaxinación e creatividade de docentes e discentes, diversas actividades para lembrarmos ese grande mestre de cátedra. O neno Balbino escolarizou varias xeracións de galegos e galegas na súa lingua nai, e hoxe con 58 anos segue sendo imprescindible nas aulas. Un Balbino que dende a súa lingua logrou conquistar e falar preto de medio cento, o neno máis políglota da literatura galega, un auténtico fito sen parangón na escrita feita e vivida en Galicia. Dende o rural, nunha ribeira do Ulla embruxada pola sinfonía das augas, nas insuas de Gres o vate petrificou o seu doce e melodioso cantar: «Auga, pedra, sol e vento / aquí a ledicia é tanta… ».

Un cantar desta terra, himno inmortalizado por Pepe, así como Memorias dun neno labrego, Espantallo amigo, O cabaliño de buxo, Romaría de historias

Obra inmensa, amor profundo á terra, patrimonio único: eis o gran legado do vate de Gres. A súa grandeza versa nese inmenso tratado de psicoloxía rural, e nunha obra inmorredoira. Inmortal Neira Vilas.

Un comentario en “Lembranza

  1. Ayer estuve escuchando a la Coral del Mercantil de Ribeira que actuó en la iglesia al finalizar la misa. Cuando cantaron el “Va pensiero” tuve que agachar la cabeza y disimuladamente limpiar ese líquido salado que se nos escapa cuando la emoción aflora. Cuando leo la forma en que explicas esa decadencia floral, me imagino esas palabras con una música similar a la que Verdi compuso para ese tercer acto de Nabucco.
    Querido Lobato, estoy segura de que si Neira Vilas te leyese, diría de tu obra, lo mismo que a él, tú le atribuyes.

    Encantada de haberte visto acompañando a Fidel, y encantada siempre de leerte.
    Felices fiestas, y besiños palmeiráns.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>