Inés Otero. Esta novela acaba de gañar o IX Premio –Novela Europea– Casino de Santiago de Compostela, logo de competir con outras catro espléndidas narracións: “”Antigua Luz”, de John Banville; “As voces baixas”, de Manuel Rivas; “Medusa”, de Ricardo Menéndez Salmón, e “Nada se opone a la noche”, de Delphine de Vigan. Esta é a primeira obra de Rachel Joyce, unha actriz de teatro e guionista da BBC, que conseguiu con esta orixinal historia –tenra, sinxela e ateigada de mensaxes– vender máis de medio millón de exemplares no Reino Unido. Algo así como cinco mil no noso sistema literario. Seguir lendo El insólito peregrinaje de Harold Fry, de Rachel Joyce
Arquivo da categoría: Inés Otero
Tren nocturno a Lisboa, de Pascal Mercier
Inés Otero. O autor desta obra é un profesor de Filosofía da Universidade Libre de Berlín que asina os textos académicos co seu verdadeiro nome: Peter Bieiri. Con esta novela gañou o Premio Cavour e o Marie Luise Kaschnitz.
Raimund Gregorius, profesor dun instituto de Berna, atópase cunha muller apoiada no peitoril dunha ponte. Instantes despois descobre por azar un libro escrito por un poeta portugués, Amadeu de Prado. Estes dous acontece-mentos revolucionarán a vida deste mestre que abandona de repente as súas clases e colle o primeiro tren nocturno cara a Lisboa. Mentres le os textos do autor luso, un médi-co comprometido coa resistencia contra Oliveira Salazar, coñece uns personaxes inesquecibles e un mundo de sentimentos encontrados. Seguir lendo Tren nocturno a Lisboa, de Pascal Mercier