Tren nocturno a Lisboa, de Pascal Mercier

tren nocturnoInés Otero. O autor desta obra é un profesor de Filosofía da Universidade Libre de Berlín que asina os textos académicos co seu verdadeiro nome: Peter Bieiri.  Con esta novela gañou o Premio Cavour e o Marie Luise Kaschnitz.

Raimund Gregorius, profesor dun instituto de Berna, atópase cunha muller apoiada no peitoril dunha ponte. Instantes despois descobre por azar un libro escrito por un poeta portugués, Amadeu de Prado. Estes dous acontece-mentos revolucionarán a vida deste mestre que abandona de repente as súas clases e colle o primeiro tren nocturno cara a Lisboa. Mentres le os textos do autor luso, un médi-co comprometido coa resistencia contra Oliveira Salazar, coñece uns personaxes inesquecibles e un mundo de sentimentos encontrados.

Tren nocturno a Lisboa, adaptada recentemente ao cine por Bille August (Pel o conquistador, A casa dos espíritos), explica, a través dunha viaxe iniciática e unha excelsa calidade literaria, como a ditadura salazarista actuaba coa maior impunidade contra a poboación.tren nocturno 2 As dificultades que atopa Raimund Gregorius na súa inquietante andaina por Lisboa, para coñecer as peripecias que envolveron a vida de Amadeu de Prado, semellan as mesmas que se encontra el cando camiña polas rúas máis labirínticas da cidade.

Un libro cun argumento cativador: unha crise existencial que conduce a unha amarga reflexión política. E Lisboa, atraente e misteriosa, coma unha muller enigmática, que converte estas coidadas páxinas nunha lectura de múltiples reviravoltas.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *