Ventoso Mariño, escritor e narrador de Ribeira

ventosoPastor Rodríguez. Nacido en 1950, José Antonio Ventoso Mariño é licenciado en Historia, fundador dunha revista pioneira na nosa comarca, Estudios Sociais do Barbanza, da que foi codirector con Jesús Pérez Besada, na que publicou traballos como O mercado de traballo no Barbanza (Nº. 1, 1992), aínda que a súa obra ensaística máis destacada é A estructura da xerarquía galega entre 1923 e 1936. Profesor de ensino medio na súa vila natal, é autor de estudos políticos de grande interese como Galicia en terra allea (1997), aos que une varios libros dedicados ao mar e os seus homes, cheos de noticias etnográficas de valor e dun gran coñecemento da costa do Barbanza, ademais dun riquísimo vocabulario, entre os que destacan Os señores do mar (2002), As xentes da ría (2002), As sombras dos mortos. Historias de naufraxios en Cabo Corrubedo (2003) ou As fanequeiras da ría (2011).

Ventoso Mariño. Foto: Carmela Queijeiro
Ventoso Mariño. Foto: Carmela Queijeiro

Xa no século XXI revelouse como un notable narrador coa súa primeira obra, A pesca está no vento. Historia de Nico (2001), na que a través da mirada dun neno nos vai amosando o ambiente da cidade de Ribeira na posguerra. Esta novela foi seguida en 2009 por Historia das historias da escola, aínda que tamén é narrador en castelán: Peregrinos en tierras de magia (2004), dirixida aos máis novos e ilustrada por Xoán Fernández; Huyen mis sueños. Diario de un lisiado (Madrid, 2008). Colaborador habitual da prensa, foi alcalde de Ribeira e deputado galego, e non deixou de cultivar a poesía no volume Do mar e dos homes.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *