Arquivo da categoría: Inés Otero

Unha historia de amor e escuridade, de Natalie Portman

natalieInés Otero. Esta orixinal película, baseada na novela de Amoz Oz publicada co mesmo título e traducida a 28 idiomas, conta a traumática mocidade do escritor xudeu durante  a época do Mandato británico en Palestina e os primeiros anos do Estado de Israel. Unha vida arrepiante por culpa das circunstancias que arrodearon o suicidio da súa nai (cando a vida non logrou cumprir as promesas da mocidade, miña nai comezou a concibir a morte como un soño protector e relaxante). Un tráxico acontecemento que se convertería nunha sombra impertinente na vida do autor de A caixa negra. Unha historia de amor e escuridade (2016) está ambientada no casco histórico de Xerusalén, onde el viviu nu apartamento ateigado de libros en dez idiomas Seguir lendo Unha historia de amor e escuridade, de Natalie Portman

Recordarán tu nombre, de Lorenzo Silva

lorenzoInés Otero. Esta é a historia dun cidadán d´O Ferrol,  Xosé Aranguren Roldán, a máxima autoridade da Garda Civil en Cataluña cando se ergueron os rebeldes contra a República o 17 de xullo de 1936. Enfrontouse con Manuel Goded, comandante do exército nas Illes Balears, e impediu que Barcelona caese en mans dos sublevados. Por tal motivo, uns anos despois sería xulgado ante un tribunal, entre cuxos poñentes estaba un tal Joaquín Otero Goyanes, no Palacio  Xustiza de Barcelona. E, malia ser amigo persoal de Franco, con quen compartira estreitos lazos durante  a estadía dos dous na Coruña, o ditador, ante a solicitude de indulto, pois Aranguren estaba delicado de saúde por culpa dun accidente, sentenciou: Seguir lendo Recordarán tu nombre, de Lorenzo Silva

O editor de libros, de Michael Grandage

editor de librosInés Otero. Esta é unha película sobre Maxwell Perkins, o editor norteamericano que consideraba que a literatura era una cuestión de vida ou morte. Max Perkins tamén é o home que, despois de estudar na universidade de Harvard, fundou a editorial Scribner, a mesma que publicou os primei-ros libros de Henry James e Edith Wharton, mellorou as páxinas dalgunhas novelas de Ernest Hemingway, como Adeus ás armas,  e publicou as dúas mellores obras dun tal Scott Fitzgerald, A este lado do paraíso e O gran Gatsby, un  mozo saído de Princeton con algunhas gotas de alcohol nas súas veas. Seguir lendo O editor de libros, de Michael Grandage

Colonia, de Florian Gallenberger

coloniaInés Otero. O argumento desta película, baseada en feitos reais sucedidos no Cono Sur americano, é o seguinte: unha  parella alemá, a azafata de voo Lena (Emma Watson) e o artista Daniel (Daniel Brühl), vense encerellados no golpe de Estado de Chile no ano 1973 contra Salvador Allende. Cando el é secuestrado pola policía secreta de Pinochet, ela, logo dunhas pescudas iniciais,  seguirá as súas pegadas ata un afastado lugar do sur do país coñecido como Colonia Dignidade. Un centro que semella unha misión de caridade, pero que agocha un campo de internamento apoiado polos servizos secretos alemáns, dirixido por un nazi, Paul Schäfer (Michael Nyqvist). Seguir lendo Colonia, de Florian Gallenberger