Inés Otero. Comentan os estudosos da obra deste xenial autor ruso que El eterno marido é unha das súas obras máis logradas. Trátase dunha novela curta e pertence a un dos períodos máis axitados da súa vida social. Nesta época casara por segunda vez, fuxira de Rusia con Anna Grigórievna por culpa dos seus acredores e vivía con displicencia ao redor de certos balnearios de Suíza, Alemaña e Italia deixándose levar pola súa paixón inconfesable: o xogo. Malia estes condicionantes, escribiu El eterno marido en tres meses –din que El jugador a escribiu en dúas semanas– e nun lugar intermedio entre outras das súas pezas maxistrais: El idiota (1869) e Los demonios (1872). Seguir lendo El eterno marido, de Fiódor Dostoyevski
Arquivo da categoría: Inés Otero
El naufragio de la Medusa, de Arabella Edge
Inés Otero. Esta novela está inspirada nun dos sucesos máis arrepiantes da Mariña francesa: o naufraxio da fragata Medusa preto da costa de África Occidental no verán de 1816. Por culpa da covardía dun capitán, Hugues Du Roy de Chaumereys , 147 persoas foron abandonadas no medio do mar. Sen víveres e con apenas auga, chegaron a practicar o canibalismo para sobreviviren. Isto motivou un escándalo na época. No ano 1980, recuperouse esta historia grazas ao servizo arqueolóxico francés que enviou unha expedición dirixida por Jean-Yves Blot, que escribiría despois “La Medusa. Crónica dun naufraxio ordinario”. Seguir lendo El naufragio de la Medusa, de Arabella Edge
Mi enemigo mortal, de Willa Cather
Inés Otero. Cun enigmático título, esta narradora escribiu unha das xoias máis prezadas da novela curta americana. Willa Cather, que nacera en Winchester (Virxinia) no ano 1876, pertencía a unha familia de orixe irlandés e pasou a súa infancia no estado de Nebraska, un territorio colonizado por inmigrantes checos e escandinavos, e que ela percorreu no seu día vestida de home e baixo o reivindicativo nome de William. Entre as obras que a converteron nunha escritora importante, antes da súa morte na cidade de Nova York en 1947, están Mi Antonia (1918), Una dama extraviada (1923) –publicadas por Alba Clásica– , La muerte y el arzobispo (1927) e One of Ours, que recibiu o Premio Pulitzer no ano 1922. Seguir lendo Mi enemigo mortal, de Willa Cather
Los Buddenbrook, de Thomas Mann
Inés Otero. Cada mes, un clásico. E así rescatei do fondo da biblioteca a primeira obra mestra de Thomas Mann, escrita cando tan só contaba con 25 anos e lle valeu anos máis tarde o Premio Nobel de Literatura. Los Buddenbrook (1901) narra a historia dunha familia da alta burguesía de Lübeck, a cidade natal do autor. A través de catro xeracións –entre 1835 e 1877– destes comerciantes adiñeirados, podemos comprender como era o seu estilo de vida, os seus costumes e a súa maneira de pensar cando os ventos da revolución democrática de 1848 chamaba con forza ás súas portas. Seguir lendo Los Buddenbrook, de Thomas Mann