El naufragio de la Medusa, de Arabella Edge

el naufragioInés Otero. Esta novela está inspirada nun dos sucesos máis arrepiantes da Mariña francesa: o naufraxio da fragata Medusa preto da  costa de África Occidental no verán de 1816.  Por culpa da covardía dun capitán, Hugues Du Roy de Chaumereys , 147 persoas foron abandonadas no medio do mar. Sen víveres e con apenas auga, chegaron a practicar o canibalismo para sobreviviren. Isto motivou un escándalo na época.  No ano 1980, recuperouse esta historia grazas ao servizo arqueolóxico francés que enviou unha expedición dirixida por Jean-Yves Blot, que escribiría despois “La Medusa. Crónica dun naufraxio ordinario”.

A escritora Arabella Edge, que recibiu en 2001 o Premio de Escritores da Commonwealt e foi finalista do Premio Miles Franklin, sentiuse atraída pola historia desta balsa –na que só sobreviviron quince persoas–  e conta cun excelente pulso narrativo como o pintor romántico Théodore Géricault trata de recrear aquela traxedia nun lenzo que se convertería máis adiante na súa obra mestra: A balsa da Medusa (1819). el naufragio 2Neste proceso de creación, vemos como o gran artista francés visita tanatorios e hospitais para ver mortos e moribundos, consegue  entrevistar algúns dos superviventes –como o médico Henri Savigny, o cartógrafo Alexandre Corréard ou o mariñeiro Thomas– mentres que as autoridades galas trataban de botar terra enriba daquel horrible suceso. No medio desta historia, tamén coñecemos como se desenvolve a atormentada vida do pintor, ensumido nunha apaixonante historia de amor con Alexandrine, a libidinosa muller do seu tío, e os problemas que tivo con outros pintores da época que consideraban moi arriscadas as súas apostas creativas.

el naufragio 3El naufraxio de la Medusa é unha digna novela histórica pola sabia mestura dunha atraente trama, un estilo narrativo sinxelo e uns personaxes ben caracterizados.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *