Arquivo da categoría: Elisa Lobeira

Silencio percutido

silencio1Elisa Lobeira. Vén Eva Veiga de gañar o XXXI Premio de poesía Cidade de Ourense 2015 e agora Espiral Maior edita o poemario, Silencio percutido, nun ano no que tamén edita outro poemario, Soño e vértice. Xa con once poemarios, é unha das poetas importantes do noso sistema literario, unha voz dunha gran pureza lírica, en sintonía coa modernidade pero fuxindo do hermetismo excesivo e sen confundir polifonía con cacofonía. A poesía non se explica, non predica, fálanos e debemos comprender, pero a miúdo unha comprensión coma a do soño, como a da inocencia perdida do edén, ou a dor máis alá da xustificación. Seguir lendo Silencio percutido

Peixes na terra. Mulleres poetas arredor da Xeración do 27

peces1Elisa Lobeira. Pepa Merlo, unha granadina de 1969, coñecida como autora de contos polo libro sobre a represión franquista sobre as mulleres (El haza de las viudas, 2009), é a responsable da escolma Peces en la tierra (Sevilla, 2010), que reúne vinte poetisas que xiraron arredor dos famosos poetas da Xeración do 27 e que ten o mérito de incluír non só as autoras que todo mundo espera (Rosa Chacel, Concha Méndez, Ernestina de Champourcín, Carmen Conde e Josefina de la Torre) xunto a outras reivindicadas dende non hai moito tempo (Elisabeth Muldes, Lucía Sánchez de Saornil, a mellor das ultraísta) e outras moi esquecidas (Mª Luisa Muñoz, María Cegarra, Marina Romero, Margarita Ferreras). Seguir lendo Peixes na terra. Mulleres poetas arredor da Xeración do 27

Musas, mecenas, amantes

cob_col ELBA_Musas.inddElisa Lobeira. Victoria Combalía (1952), profesora de arte na universidade de Barcelona, especialista en Tapies e Miró, biógrafa de Dora Maar (2013), é autora de Musas, mecenas y amantes. Mujeres en torno al surrealismo (Barcelona, Alba, 2016), un ensaio intelixente e áxil, ás veces demasiado áxil, lonxe do academicismo, no que nos conta o ronsel de seis mulleres vencelladas ao surrealismo: Valentine Hugo, Nancy Cunard, Peggy Guggenhein, Kiki de Montparnasse (da que publicaron as Memorias en 2009), Marie-Laure de Noailles e Joyce Mansour (unha das grandes poetas e narradoras do surrealismo de lingua francesa). A unha quédalle a dúbida se hai moitos libros que falen dos homes que foron mecenas, amantes e inspiradores de mulleres. Seguir lendo Musas, mecenas, amantes

Un bosque gaélico

antoloElisa Lobeira. Carme Rodríguez Alonso vén de publicar en Trifolium, na colección Musa pedestris, Un bosque novo. Antoloxía da poesía gaélica contemporánea (2015), en edición bilingüe e con prefacio de Manuela Palacios. Un bosque gaélico para tender pontes con outra cultura minorizada, que converte en “estranxeiros na propia patria” os falantes do gaélico. A escolma inclúe trece poetas contemporáneos, de Máirtín Ó Direáin a Celia de Fréine. Da poesía da terra, da nostalxia do edén, do paraíso perdido (cando todos falaban gaélico?) á contemporaneidade sen complexos, en diálogo con outros de sorprendente modernidade. Seguir lendo Un bosque gaélico