Arquivo da categoría: Elisa Lobeira

Mulleres escritoras do século XIX (V)

literatura femininaElisa Lobeira. Neste percorrido demorado pola obra Escritoras na Galicia do século XIX, non quero esquecer citar outra obra, importante para acceder aos textos das autoras en lingua do país: Literatura feminina e feminista da segunda metade do século XIX. Antoloxía (1996), a cargo de Pilar García Negro, Francisco Rodríguez e A. Gómez Sánchez, onde as lectoras e lectores poden acceder aos poemas galegos de Constanza Verea, Nicolasa Añón, Clara Corral, Sarah Lorenzana, Avelina Valladares, Ramona de la Peña, Filomena Dato, Francisca González Garrido, a carón de Rosalía, pero que son de máis difícil acceso, sen esquecer os textos de Esperanza Roca e Arminda Flora Serrano. Seguir lendo Mulleres escritoras do século XIX (V)

Mulleres escritoras do século XIX (IV)

dicionario da literatura galegaElisa Lobeira. Remataba a nota anterior falando dun dicionario de literatura galega, o coordinado por Dolores Vilavedra, que, con todos os límites que se lle poñan, foi un fito na literatura galega polos miles de datos e xuízos dos que nos fornecía. E penso que, agás nos casos de Rosalía e a Pardo Bazán, sería relevante citalos en moitas das voces deste repertorio, porque indican o grao de coñecemento e os datos que xa se posuían, e tamén o grao de divulgación das autoras. E isto mesmo serve para as antoloxías, sen as que non se entende ningún sistema literario. Seguir lendo Mulleres escritoras do século XIX (IV)

Mulleres escritoras do século XIX (III)

allarizElisa Lobeira. Sería desexable que este repertorio de escritoras na Galicia do século XIX fose unha obra en marcha e que no futuro coñeceríamos novos nomes femininos dedicados á escrita. Fago agora algunhas suxestións de autoras galegas ausentes no volume:

  • Xa que a obra recupera nomes dos séculos XVIII e XVII, sería o normal que incluíse a Sor Isabel Rodríguez, monxa profesa en Allariz que presentou un poema ás Festas Minervais compostelás en 1697 e que foi editado no volume homónimo e que Xesús Alonso Montero anota no Estudio literario das festas minervais compostelanas de 1697 (1993), que acompaña a edición facsímile do raro volume. Seguir lendo Mulleres escritoras do século XIX (III)

Mulleres escritoras do século XIX (II)

aurora-marco-diccionario-de-mulleres-galegasElisa Lobeira. As obras deste teor sempre nos ensinan cousas e unha xa sabe que é máis doado buscar erros e ausencias que acertos e descubertas, pero non é o meu caso, aínda que coido que, polo moito traballo de investigación que conteñen, polo respecto aos colaboradores e colaboradoras e ao seu labor, merecen unha recensión construtiva que sinale os moitos acertos, pero tente tamén facer suxestións e achegas útiles. Fóra dos muros académicos, lonxe dos centros de investigación, só gobernándome coa miña biblioteca, vou facer algunhas suxestións que espero útiles, pero non se antes felicitar a Aurora Marco, responsable de corenta entradas cheas de datos interesantes e feitas con rigor, Seguir lendo Mulleres escritoras do século XIX (II)