Arquivo da categoría: Xosé Manuel Lobato

Son de ás

paxaro 0Xosé Manuel Lobato. Unha ollada que esboza enérxicos e animosos cromáticos, configurando intres nos que se relanza a imaxinación de altas temperaturas anunciadas dende un horizonte fervente.

O cuco pregoa afervoado o momento alado. A súa euforia no voo técese en calquera lugar, as ás son agora os apéndices que se deben exercitar para gozar no ar.

Ese camiñar, brincar ou mesmo cazar sobre o vento somnolento deixa un repouso de variedades e modalidades, actuacións axeitadas a cada especialidade e necesidade. Seguir lendo Son de ás

Incesantes bágoas

bágoas 1Xosé Manuel Lobato. Os benxamíns Salgueira e Porto xunto co Furelos acollen a gran característica das faias para confundirse nun ente único, sen taras nin diverxencias incompatibles. Dende o seu nacemento preconizan a beizón da santa Columba.

Profundar no seu altivo gurgullar lembra unha tolemia de espermatozoides cun único fin e destino, a procura do seu obxectivo transmite unha estampa inqueda e saturada de esperanzadora vitalidade. Seguir lendo Incesantes bágoas

Dende Xiá

xia1Xosé Manuel Lobato. Unha almenara que despois de varios séculos segue alumeando, a súa é unha ousadía da resistencia pola sinxela existencia ou talvez polo pracer de permanecer.

Diversos acontecementos enfrascados no tempo contemplan este fogo desconfiado, temeroso de esvaecerse sen deixar un rescaldo do que novamente volva  emerxer a súa vitalidade e servizal misión. Seguir lendo Dende Xiá

Esa casa

limoeiroXosé Manuel Lobato. De cando en vez, de vez en cando, sempre que outras obrigas me conceden licenza, aínda que menos veces das que eu desexo. Sempre é unha ilusión visitar a terra de nacenza, esa contorna vitalicia e vigorosa.

No meu caso é unha referencia sólida, unhas raíces que seguen nese lugar e me obrigan a volver. Sempre pensar en retornar coa ilusión da crianza que aspira acadar axiña os 3650 días dun tempo de aprendizaxe total. Seguir lendo Esa casa