Xosé Manuel Lobato. É no intre en que a terra, pra se durmir, vaille virando as costas á luz e o fume das tellas, mesto e leitoso, vaise esparexando no fondo do val. Non é cousa de outro mundo pintar o que ven os ollos, que serán comestos polos vermes; pero na paisaxe hai máis cousas que fitar…
Observar, cavilar e identificar a imaxinación creativa cunha realidade propia, de seu, unha causa sentida profundamente.
Mais relacionarse coa paisaxe, mergullarse nun universo natural que acolle un incontable número de estímulos e acontecementos, significa capacidade ilimitada de empatía co medio. Seguir lendo Mes Castelao