Xosé Manuel Lobato. Seleccionar para etiquetar, con meticulosidade foron elixidas cada unha das rochas, pedra a pedra e croio a croio despois dunha profunda inspección. Semellaba que tanta substancia de orixe pétrea ía formar parte dunha creación ornamental, como a vida mesma. Seguir lendo Relicario maxín
Arquivo da categoría: Xosé Manuel Lobato
Natal
Xosé Manuel Lobato. A miña meixela esquerda contráese, reacciona con intensidade, convulsión ante o familiar, era o derradeiro. Beixo prolongado, profunda carga emotiva, a dor dun corazón desgarrado era transmitida por uns beizos temerosos, o meu corpo percibía xa relaxado, mais por un intre reacciona. Seguir lendo Natal
Memoria sempre
Xosé Manuel Lobato. Acaso, cando non queremos asumir responsabilidades, non é bo ter unha casa en estado ruinoso para culpabilizala de todo aquilo que fixemos. Acaso, non desacouga e doe o feito de esquecer ou mesmo ignorar aquilo de onde vimos. O noso pasado debe de estar e coñecerse no presente para visualizar un futuro sen nubeiros sobre terra queimada. Aí atrás comezou na vila de Rianxo, un Ciclo sobre a memoria histórica, dende novembro e ata maio: diversas actividades e conferencias forman parte deste evento tan necesario. Os actos están organizados pola UNED sénior, aula de Rianxo, coa colaboración do concello rianxeiro. Seguir lendo Memoria sempre
O río terapéutico

Xosé Manuel Lobato. Enclave na in-mensidade, terras acordoadas, petoutos formando cordais, desexos de beixos pé-treos coa nube fuxidía. Aquí, percorrendo o Xurés, unha serra invadida e chamus-cada pola ra pirómana, semella un anfibio que dende tempo atrás permanece afec-tada polo andazo AV. Seguir lendo O río terapéutico