O río terapéutico

Foto: La Voz de Galicia
Foto: La Voz de Galicia

Xosé Manuel Lobato. Enclave na in-mensidade, terras acordoadas, petoutos formando cordais, desexos de beixos pé-treos coa nube fuxidía. Aquí, percorrendo o Xurés, unha serra invadida e chamus-cada pola ra pirómana, semella un anfibio que dende tempo atrás permanece afec-tada polo andazo AV. Percíbese a desolación e o cheiro dos cádavos fumegantes, tristura nunha paraxe outrora cantareira na verdosa esperanza dunha protección imprescindible. Mais o rumoroso bulicio administrativo, non foi quen de afastar coas lapas dunha contorna neste intre asolada.

A seca, os incendiarios e uns cómplices por desleixo das súas obrigas, foron quen de enterrar tanta harmoniosa xerga destas terras, que segundo a documentación pertencen a un parque natural. Parque Natural da Baixa Limia –Serra do Xurés. Onde están esas administracións que por lei deben protexer estes enclaves únicos?

Que foi dos senlleiros sons de fauna e flora, animados pola alegre enerxía doutros tempos do río Caldo, Mao, Agro, Vilameá, Cadós, Agro,… laio sostido lembrando os seus brincos de branca pureza, transformados agora en negrura cincenta?

Cadoiros, seimas e fervenzas en rigoroso loito por tanta desfeita e tanta apatía dos responsables da protección desta paraxe. O deserto chegou a esta contorna, posiblemente para morar definitivamente.

Foto: La Voz de Galicia
Foto: La Voz de Galicia

Pinga a pinga, as pingueiras dos salgueiros tentan afastar a derradeira inspiración do río Salgueiro. Salgueiro, esa aldea pantasma en proceso de rehabilitación para a Santísima Compaña.

Clemencia e auxilio, necesidade dende as raíces ata a última folla das escasas árbores que aínda observan o ínfimo caudal do Salgueiro, este regato que no pasado recolleu as bágoas da tristura, nese bambeo derradeiro dos cadaleitos na procura definitiva de camposanto. A dor dos veciños e familiares necesitaba dese tratamento inmediato, comezaba co esgotador traslado do cadaleito durante varios quilómetros choutando río abaixo, o esgotamento físico exercía como relaxante dunha psique acostumada a padecer e obedecer, mesmo nas traxedias.

Salgueiro é na actualidade unha aldea pantasma, o seu río semella o fino fío das estilizadas  bágoas dun trasgo diabólico, tampouco necesita o desmesurado esforzo de trasladar aqueles que acadaron a derradeira inspiración. Por fin, son afortunados aqueles veciños que xa non existen, agora teñen cemiterio propio por algunha ventureira fada afectada de  AV, por todo o Xurés os quinteiros transformáronse na gran quíntana ou necrópole de pétrea cinza.

Por certo, luz en Salgueiros, ocorrencia  de grande actualidade, comisións para explorar e certificar campas.

Un comentario en “O río terapéutico

  1. Querido José Manuel: hace unos minutos que he abierto el ordenador – hoy hemos estado todo el día fuera de casa – y me intrigaba saber quién se había acercado hoy a tomar el café y dejar con él, su correspondiente regalo. Me he encontrado contigo, sin leerte, sabía que el regusto sería singular, y así lo ha sido. A medida que iba leyendo, te iba escuchando – conozco tu voz – y al acabar el artículo pensé en aquella frase del escritor irlandés James Joyce: “El arte tiene don de lenguas”.
    Besiños palmeiráns, Lobato.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *