O cárcere da natureza

por-que-en-la-carcel-deberian-poner-documentales-de-naturaleza_ampliacionX. Ricardo Losada. Está de moda Walt Whitman, e paréceme ben pois hai unha parte da súa forma de enfrontarse ao mundo que me gusta moito, e que está moi ben exemplificada nunha anécdota. Thoreau, un amigo, visítao no cárcere, e pregúntalle como é posible que un home coma el estea alí. Whitman respóndelle: “Como é posible que un home coma ti estea fóra?” Coincido en abstracto coa idea que Whitman intenta transmitir con esa pregunta. Nun país tan inxusto que mesmo permite o escravismo, as boas persoas deberían estar no cárcere. Outra cousa é que, no mundo real, o noso obxectivo vital deba ser ir ao cárcere porque vivimos nunha sociedade inxusta. Aspirar á santidade é un obxectivo máis divino que humano.

O que non comparto con Whitman é o seu concepto de natureza. Coincido máis con Baudelaire cando critica a concepción típica do século XVIII de que a natureza é a base, a fonte e o tipo de todo o bo e de todo o fermoso. Se analizamos ben a historia, di, decatarémonos de que a natureza non é un bo modelo para o ser humano. Só nos ensina a durmir, beber, comer, protexerse da intemperie, matar semellantes, comelos, secuestralos e torturalos. É a natureza a que creou o parricidio e a antropofaxia e outras mil abominacións. Todo o natural produce espanto. Todo o belo e nobre provén da razón e do cálculo. O crime é natural, a virtude, artificial.

reciclarApliquemos agora o razoamento de Whitman, pensando que Baudelaire ten razón. Se nunha sociedade inxusta, as boas persoas deberían entrar no cárcere, nunha natureza inxusta, as boas persoas tamén deberían entrar no cárcere. Pero é evidente que non nun cárcere humano pois o culpable da maldade natural non é o ser humano. É a propia natureza, xeradora de cambios climáticos, glaciacións, terremotos e outras múltiples armas de destrución masiva, a que fixo desaparecer o 90% das especies que poboaron este planeta. A cuestión, xa que logo, se queremos demostrar, como Whitman, que somos boas persoas, é saber cal é o cárcere da natureza. E, ao meu entender, a mellor solución é a dos ecoloxistas, aínda sendo contraditoria. Se nos comportásemos de forma natural, tal e como nos piden, non se nos ocorrería separar o lixo. Se o separamos é porque decidimos, para demostrar que somos boas persoas, entrar no cárcere.  

Esta entrada foi publicada en Ensaio, Narrativa, X. Ricardo Losada. Garda a ligazón permanente.

2 respostas a O cárcere da natureza

  1. x ricardo losada di:

    A natureza está continuamente conspirando para eliminarnos como eliminou
    os dinosauros. Hai tempo que nos tira pedras (e non me estraña) desde o máis profundo do espazo sideral. Menos mal que ten mala puntería ou, mellor dito, que só ten boa puntería coas pedras pequenas. O meu artigo intenta ver o noso amor pola natureza (cada vez máis necesario, conste por se le isto algún ecoloxista grave e circunspecto) desde esa perspectiva. E, desde esa perspectiva, o artigo non ten nada
    de grave e circunspecto. É puro humor negro. Como o teu final. Unha especie con especímenes (nunca mellor dito) que desprezan o xamón serrano non merece vivir.
    Apertas rianxeiras

  2. Magdalena di:

    Querido profesor; hoy te has puesto grave y circunspecto para hablar de nuestra madre natura. Bueno, como eres tan prolífero, hoy le ha tocado a lo que más nos ata a la vida, a la mejor maestra. En la naturaleza no hay nada superfluo, nosotros con nuestra conducta queremos vencerla pero, a ella no se la vence sino siguiéndola. Dicen que Dios creó el mundo en siete días. El hombre es capaz de destruirlo en media hora. Como bien dices: ” la mejor solución – aunque sea contradictoria – es la de los ecologistas”. Aunque muchas veces no estemos de acuerdo con ellos y no nos guste lo que proclaman… gustar a todo el mundo, lo que se dice gustar… no lo ha conseguido ni el jamón serrano.
    Besiños palmeiráns, querido profe.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>