Relicario maxín

Naturstein, Mauer, Gabionen, Bruchstein, DrahtgitterkorbXosé Manuel LobatoSeleccionar para etiquetar, con meticulosidade foron elixidas cada unha das rochas, pedra a pedra e croio a croio despois dunha profunda inspección. Semellaba que tanta substancia de orixe pétrea ía formar parte dunha creación ornamental, como a vida mesma.Unha obra que esixe un tratado práctico devagar, extrema paciencia e grandes doses de tranquilidade, fundamental o arraigo duns piares que deben soster o monumento achegando afouteza e sabedoría para non expirar no designio.

Por suposto, a base e fundamento deben ser sólidos e compactos, impregnado da codia para emerxer amosando unha sofisticada estampa, aínda que só sexa unha figuración con interpretación efémera.

Sufrimento no constante traballo, non hai un intre para deixar de preocuparse, un desasosego que acada un estadio de inquietude cando visualizas esa creación que sempre demanda atención.

O monumento non debe rachar coa cadea de antano, as formas deben manterse intactas. Por iso, unha figura estilizada e moldeada con mimo colabora moito coa exclusividade esixida por natureza.

Inacabada, caprichosa e intratable na súa concepción, sempre consegue dominio e alienar a un ser humano obediente e acomodado na actualidade por estes lares. Calquera bufón exclamaría, que magnánima realización! Realizarse nas propias obras é unha esixencia innegociable da grande creación que debemos executar segundo os planos arquitectónicos.

Xa non hai preguntas, ou quizais a mellor cuestión é a que se responde sen formulación…

menorcaUnha ilusión efémera nunha ficticia esperanza por acadar o que non existe e acumular rescaldos incandescentes e cádavos tinguidos de loito de tanto queimar tempo.

Tempo intransferible, inimigo da calquera lucerna de esperanza, unha magnitude que nos arrastra a un axioma dunha realidade de poalla e borraxeira, algo intanxible que o arquitecto afouto non admite.

Mais a cadea segue a transmitir legando coñecemento popular… O peor sempre está por chegar, malia que o desasosego pode acadar a depresión de ollar tan espectacular obra con gretas engurradas e goteiras varias. Así quedou e permanece esa obra molicie.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *