Francisco Ant. Vidal Blanco. No termo de tres meses Xulio estivo vendo a lúa de sangue entre os templos de Agrigento, a auga burbullando en Fontibre e o reflexo do sol nunha das fiestras da Casa do Garda no parque Güel de Barcelona, pero non sacou ningunha foto no Facebook. Seguir lendo Propaganda vital
Arquivo da categoría: Francisco Ant. Vidal Blanco
Un principio ben contado

Francisco Ant. Vidal Blanco. De tantas películas que se fixeron sobre indios e vaqueiros, aínda a ninguén se lle ocorreu contarnos como chegaron os cabalos e as vacas ao oeste americano. Ou como entraron en California os cítricos e as vides. Non é que as películas do oeste non sexan interesantes, pois poucas veces os westerns abarcaron tantos ámbitos sobre a condición humana en comparación con calquera outro xénero Seguir lendo Un principio ben contado
Cando ser narcisista non é malo

Francisco Ant. Vidal Blanco. Xa sabedes a historia de Narciso, aquel namorado de si mesmo que de tanto amor que se tiña morreu afogado. Desde aquela, todos os narcisos de adxectivo (que non de nome) foron sinalados como egoístas, insolidarios, presumidos ou vaidosos, entre outras moitas cousas. E este narcisismo despectivo nos varóns converte en presumidas ás mulleres, e se aquel é rexeitable estoutro ata é estimado. Seguir lendo Cando ser narcisista non é malo
Pedindo paso

Francisco Ant. Vidal Blanco. É de sempre que os mozos pidan paso e ós vellos lles custe ceder o asento. Karan Mahajan, un escritor indio en lingua inglesa, que ós seus 34 anos xa é recoñeci-do con varios premios á calidade literaria, nunha historia curta narra como durante a lectura de presentación da nova obra dun escritor famoso, nun lugar exclusivo, e coa asistencia das primeiras plumas Seguir lendo Pedindo paso