Un principio ben contado

Matalobos

Matalobos

Francisco Ant. Vidal Blanco. De tantas películas que se fixeron sobre indios e vaqueiros, aínda a ninguén se lle ocorreu contarnos como chegaron os cabalos e as vacas ao oeste americano. Ou como entraron en California os cítricos e as vides. Non é que as películas do oeste non sexan interesantes, pois poucas veces os westerns abarcaron tantos ámbitos sobre a condición humana en comparación con calquera outro xénero e se tivese que facer unha relación de películas interesantes non dubidaría incluír un bo feixe de vaqueiradas. Pero a conquista do Oeste comeza precisamente co descubrimento do mesmo, e iso ocorreu varios séculos antes de que se inventase o rifle e o revólver, ou que o sétimo de cabalaría percorrese as pradarías a toque de trompeta para espantar indios, arrebatarlle as terras e pechalos nunha especie de cadea sen teito chamada reserva, co fin de repoboar sen atrancos as longas e fértiles terras con gando e gandeiros de pistola ó cinto.

Iso foi así, pero grazas a Hollywood semella que o salvaxe Oeste foi domado por arriscados pistoleiros, xogadores de cartas e mulleres sen ataduras ou que as vacas e os cabalos son tan americanos como o puma e o bisonte, facendo desmerecer ós xinetes sioux, apaches ou cheyens, donos dunha destreza inigualable, montando a pelo e sen estribo, transportando as cousas de cada día sobre dous paus arrastrados polo chan porque non sabían o que era a roda, a pesares de tantas dilixencias e caravanas de carros que asaltaban. Un exemplo claro da negación e minusvaloración dun pobo inferior por outro superior. Así, contado con esa dose de propaganda propia de cada época, pois non se retrata ese mundo da mesma maneira en películas dos anos corenta ca nas dos sesenta. A valentía do americano (enténdase de orixe europea) contra o nativo inadaptado. E aínda semella que aquel Oeste non tiña dono, que era unha terra inculta ata que os colonos, os pistoleiros e os tafures de salón chegaron, como se os nativos fosen estraños e usurpadores, inimigos declarados de vaqueiros, pastores, agricultores, cazadores e peleteiros do outro lado do Mississippi ou das montañas Rochosas. E de tantas películas que se fixeron, poucas se paran a contar como e cando apareceu a idea de viaxar cara o Oeste, cara aqueles Horizontes lonxanos, que coma un imán atraía a tantos emigrantes desarraigados, ou como se lle perdeu o medo a tal aventura sabendo que xa outros entraran naqueles fértiles vales desde as terras mexicanas con sementes máis propias do Mediterráneo.

Tampouco se lle ocorreu a ninguén contarnos como, desde esas terras do sur, se introduciu a roda en América no século XVII, segundo contan lendas e haxiografías, da man do galego Sebastián Aparicio, a quen se venera como santo beato e patrón de emigrantes despois de lle ensinar ós nativos a facer carros e carretas.

Ó Hollywood anglófono quédalle moito por descubrir, a pesares de estar rodeado de poboacións con nomes hispanos. Fáltalle contar a historia de América empezando polo principio e aí, tal vez, o cine español en xeral e o galego en particular, teñen unha fonte inesgotable de vaqueiradas hollywoodenses que pode explotar dando esa outra imaxe que non é de conquista e sometemento (que tamén a houbo) senón de intercambio e ata de modernización, a pesares de que as atrocidades dos integristas daqueles tempos tampouco foron escasas e non liberou ós nativos de ser sempre escravos e nunca amos. Pero as plantacións californianas de cítricos e viñedos levados por españois, tamén foron a meta daqueles campesiños americanos que tras o crack do 29 emigraron cara o oeste, tras as Uvas da ira que Steinbeck nos contou.

Un comentario en “Un principio ben contado

  1. Querido Francisco. Enhorabuena. Me ha encantado tu artículo. Hace unos meses leí algo sobre el descubrimiento de América que me había hecho reír y he ido a buscar el libro para comentarte unas partes que había subrayado, dice : “Hablamos de unos tipos barbudos y mechudos que olían a mil demonios; descendían de unas canoas gigantes denominadas carabelas; vestían ridículos bombachos y corazas de hierro bajo el calor canicular; cargaban un palo largo atravesado por otro corto al que adoraban con la misma pasión que los indios al sol, el trueno o las nubes; empuñaban de forma amenazante unos enormes punzones de metal mucho mayores que la vara conque los nativos asaban pinchos de enemigo en la barbacoa; el jefe, el que llamaban almirante, lucía un flequillo digno del Príncipe Valiente y oteaba el horizonte por un tubo. Eran un espectáculo insólito”.
    Y sobre los caballos a los que tú haces referencia, esto otro : “Resulta justo reconocer que aportó a los nativos muchos elementos propicios para su desarrollo. Animales desconocidos en América como vacas, caballos, cerdos, gallinas y conejos. A su vez los europeos se beneficiaron del uso o consumo de papa, maíz, CHOCOLATE, aguacate, tabaco, tomate piña, maní, yuca, especias, pimientos, papaya y, por si fuera poco, las hamacas de San Jacinto. También la hoja de coca, pero no la cocaína que es un narcótico inventado por Europa”.
    “El 99, 1% de la población indígena desapareció, pero aún es posible ver grandes y pintorescas legiones de pieles rojas montados en sus potros. Eso, sí, a condición de no llegar tarde al cine, porque hacia la mitad de la película John Wayne y sus amigos acaban con todos”.
    Besiños palmeiráns, Francisco. Un placer leerte.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>