Arquivo da categoría: Francisco Ant. Vidal Blanco

A cor do diñeiro

diñeiro negroFrancisco Ant. Vidal Blanco. Pregun-teille ó director do banco dos meus aforros que é o diñeiro negro, e en vez de contestarme preguntoume canto necesitaba branquear. E esa pregunta, que debería ofenderme, fíxome anchear o peito, porque como todos sabedes ter diñeiro negro é un luxo reservado á flor e nata da sociedade, algo negado a quen non é máis ca un simple obreiro que nunca ten nada que corrixir no borrador da declaración de renda. Seguir lendo A cor do diñeiro

Fátima

fatimaFrancisco Ant. Vidal Blanco. Do milagre e aparición de Fátima, o que máis lamento é que sor Lucía pasase toda a vida enclaustrada, que sendo ela a escollida pola máis alta dignidade celestial para comunicarse coa humanidade, fixese votos de silencio por vontade propia ou consello superior, arredada da xente cando debería ser a encargada de percorrer o mundo para explicar o que viu e a mensaxe que a Virxe lle transmitiu. Seguir lendo Fátima