Francisco Ant. Vidal Blanco. Vaise don Carnal e quedamos con dona Coresma. Vaise a festa e veñen as privacións. Adeus cocho, adeus vitela lamentaban noutro tempo, pero agora, ata os máis intransixentes seguidores da norma prohibitiva o toman con benevolencia. Seguir lendo A comida non se tira
Arquivo da categoría: Francisco Ant. Vidal Blanco
Un pasquín contra Trump
Francisco Ant. Vidal Blanco. Seguro que sen pretendelo, Obama converteu os novos billetes de dólar en verdadeiros pasquíns contra as rémoras da sociedade americana. Para ben e para mal, nos billetes e nos nomes das rúas acostuman a ir estampados os persoeiros máis sobresaíntes dun país Seguir lendo Un pasquín contra Trump
E agora os estibadores
Francisco Ant. Vidal Blanco. Creo que a palabra monopolio estase usando demasiado á lixeira neste conflito que enfronta ós estibadores coa Administración. Tamén a palabra sindicato leva anos estigmatizada desde o liberalismo económico, que nada ten que ver co social, e desde as películas americanas, para usala como arma de descreto. Acabo de volver a ver a película A lei do silencio, con ese Marlon Brando coidador de pombas nunha inhóspita cidade portuaria, na que as mansas aves sempre han de volver ás gaiolas, porque é o único sitio onde teñen comida e están fóra da ameaza dos falcóns. Seguir lendo E agora os estibadores
Coa man diante da boca
Francisco Ant. Vidal Blanco. Ultima- mente estase poñendo de moda o de falar coa man diante da boca. Tanto a xente do goberno como os adestradores de fútbol colleron o costume de murmurar cos do lado tapando os beizos, e non precisamente pola halitose que poidan desprender, senón porque se volveron moi precavidos e moi desconfiados. Seguir lendo Coa man diante da boca