Francisco Ant. Vidal Blanco. Ninguén ten que enfadarse porque diga que antes de que nacera o Neno Xesús, xa o Nadal tiña razón de ser e de festexar, precisamente por ser o momento a partir do cal os días comezan a medrar, porque o sol vai gañando altura. A min gústame o mito de Helios, quen tras recibir o galano anual de catro cabalos novos para o seu carro solar, estes van aprendendo o camiño a través do firmamento e cada día soben un pouco máis alto, posibilitando que as horas de luz duren máis. Seguir lendo Medran os días
Arquivo da categoría: Francisco Ant. Vidal Blanco
Non era unha anécdota
Francisco Ant. Vidal Blanco. Nunca é agradable contemplar unha pelexa no medio da rúa, e menos aínda cando é entre dúas persoas da mesma familia, pero moito peor é cando esa pelexa ten por razón única algún xeito de supervivencia.
Xoana Salgueiro podía limitarse a contar a anécdota, e todos os amigos de parladoiro quedariamos satisfeitos, pero Xoana non conta anécdotas, conta historias que van máis aló da aparencia e non deixan de arrepiarnos. Seguir lendo Non era unha anécdota
O atrasismo
Francisco Ant. Vidal Blanco. A palabra, que todos os correctores me dan por mala, non é miña, pero é moi acertada, e ata serve para desmentir eses anuncios ou campañas publicitarias que nos animan a vivir como galegos aínda que os super-mercados teñan os nomes dos produtos en castelán, que nos animan a non renunciar do noso caldo, pero véndense máis bolsas de sopas prefabricadas ca monllos de grelos, que falan da marabillosa dieta galega Seguir lendo O atrasismo
Alexandre e o pirata
Francisco Ant. Vidal Blanco. Nun dos seus relatos sobre a historia das civilizacións antigas, Mary Beard, a catedrática que este ano mereceu o premio Princesa de Asturias de Ciencias Sociais, conta unha anécdota sobre o grande xeneral macedonio Alexandre Magno, de cando apresou a un pirata que interceptaba todas as súas naves, e na hora de xulgalo ó preguntarlle por que asaltaba os seus barcos o pirata respondeu: «Polo mesmo que ti andas a conquistar o mundo». Seguir lendo Alexandre e o pirata