Arquivo da categoría: Francisco Ant. Vidal Blanco

Xaxún e outras andrómenas

cocido-Francisco Ant. Vidal Blanco. Cúmprense agora anos do día que quixen sorprender a mi tía María cunha noticia  que lle sacase da cabeza a mala idea que puidese ter de min: “Tía, onte xantei con un cura”. Ela miroume, sorriu cun aceno de incrédula e preguntoume detalles, o por que e o para que. Fora unha visita de traballo, e despois de cumprir co deber laboral don Elías invitoume a xantar nun restaurante da entrada do Ferrol, para así poder seguir falando e compartindo dúbidas e discrepancias. Pero miña tía, sempre tan mal pensada en todo o que á miña conducta relixiosa se refería, preguntoume de súpeto que coméramos. Seguir lendo Xaxún e outras andrómenas

Medicamento e negocio

farmacia1Francisco Ant. Vidal Blanco. Ninguén pon en dúbida a importancia das empresas farmacéuticas. Sen elas ata ter un catarro sería un problema. Elas contribúen en grande medida á mellora da calidade de vida. Pero se o ser farmacéuticas implica un ben para a sociedade, o ser empresa é un problema que leva ós seus directivos a sopesar que é máis importante, se evitar o sufrimento dos paisanos ou engordar a conta de beneficios dos seus conselleiros, socios e inversores. Claro que, a pesares de que a saúde non debería ser un negocio, calquera empresario ten como premisa fabricar cos menores costes e vender coa maior ganancia en función da necesidade Seguir lendo Medicamento e negocio

A memoria voluble

memoria1Francisco Ant. Vidal Blanco. Ó parecer, esta semana Xulio foi atendido da gripe que non dá sacado do lombo por un tal doutor Andrade, quen non o recoñeceu a pesar de que foron veciños e amigos de infancia. Nin se decatou das moitas indirectas que lle soltou para retornarlle a memoria; e por non recoñecer nin sequera tivo un aceno cando citou as rúas, as casas e os veciños a que Xulio fixo referencia constantemente. Seguir lendo A memoria voluble

O nó de Alexandre

alejandro-magno-1Francisco Ant. Vidal Blanco. Certo día, para poñer ó seu alumno a proba, Aristóteles acercouse ó pupitre de Alexandre e púxolle diante unha corda cun arrevesado nó para que o desfixese. Alexandre intentouno unha e outra vez ata poñerse nervioso, e como non lle atopaba xeito, sacou de espada e fendeu a corda polo mesmo nó para demostrar Seguir lendo O nó de Alexandre