Arquivo da categoría: Francisco Ant. Vidal Blanco

Comemos con medo?

BAnqueteFrancisco Ant. Vidal Blanco. Cóntase que o alcalde coruñés, Alfonso Molina, famoso entre outras cousas polo seu bo saque, acudiu en certa ocasión a un banquete e puxéronlle queixo da Arzúa na sobremesa. Véndoo comer un dos asistentes preguntoulle: ”Don Alfonso, vostede non pela o queixo?”. Ó que el respondeu: “E pela vostede o pan?”. Se fose hoxe, don Alfonso pelaría o queixo, tal e como recomendan as etiquetas, e se non pelaba o pan era porque lle gustaba sentir o crocante estalo da codia. Seguir lendo Comemos con medo?

Bendito porco inmundo

Matalobos
Matalobos

Francisco Ant. Vidal Blanco. Nunha carta de Mahmet Alí a Usbeck, recollida por Montesquieu nas súas Cartas persas, cóntase como Noé organizou a arca e botou todos os desperdicios dos animais contra un lado, sen decatarse de que eran tantos que a barca comezou a escorar. Aconsellado con Deus, Noé virou a postura dos elefantes para que a súa bosta caese na outra banda e compensase a escora. Seguir lendo Bendito porco inmundo