Arquivo da categoría: Alberto Piñeiro

Un barbancés na Gran Sabana (III)

cap 3aAlberto Piñeiro. Foi co espertar que vin xustificada na súa totalidade a nosa aventura. Yuruaní era o púlpito por onde agromaba o saúdo matinal de Apolo. Saín do chinchorro sen perder de vista o tepui e mergulleime no río do que falara Teodoro. O seu fondo areoso fíxome acordar o pozo da Armada, ou o mesmo curso de auga cando é atravesado pola ponte de Xián ou cando rega as brañas de Magaláns, ou tamén as pozas que forma o futuro Brea no lugar que non de xeito casual se chama Porto da Area, preto de Valiño. Seguir lendo Un barbancés na Gran Sabana (III)

Un barbancés na Gran Sabana (II)

cap 2aAlberto Piñeiro. Apenas tardamos unha hora en chegar a Las Claritas e outros corenta e cinco minutos en subir a costa do Bosque Nublado, que deixaba no ar impregados sutís aromas que arrecendían á carballeira de Sabuceda, para acadar a chaira da Gran Sabana, onde as palmas substituían os piñeiros e os bejucos ascendían como silveiras infinitas as rumorosas copas dos monos capuchinos, en pequenas illas de bosque concentradas en cavorcos e vales. Seguir lendo Un barbancés na Gran Sabana (II)

Un barbancés na Gran Sabana (I)

cap 1aAlberto Piñeiro. De non ser pola altitude, superior aos 1.400 metros, a presenza de tribos indíxenas, a ausencia de mámoas e a súa inmensidade, mesmo diría que a Gran Sabana ten unha certa semellanza coas Chans do Barbanza, incluída unha liña de alta tensión que atravesa o territorio ao longo da estrada que percorre a meseta dos pemóns ata Santa Elena de Uairén, cidade próxima á fronteira co Brasil. Seguir lendo Un barbancés na Gran Sabana (I)

Arredor do “Concerto para violín e orquestra nº 2” de Sergei Prokofiev

prokofievAlberto Piñeiro. O día que o compositor ruso Sergei Prokofiev morreu, o 5 de marzo de 1953, a Unión Soviética estaba máis pendente doutro pasamento, o de Xosé Stalin, polo que a partida dun dos maiores xenios musicais do século XX pasou inxustamente a un segundo plano; porén, o feito de compartir a lúgubre efeméride  co “home de aceiro”, que é o que significa Stalin en ruso, acabaría favorecendo a lembranza do cabodano do autor de obras tan coñecidas coma o conto infantil Pedro e o lobo, os ballets Romeo e Xulieta e A Cincenta, a Suite escita, a ópera Guerra e Paz, Seguir lendo Arredor do “Concerto para violín e orquestra nº 2” de Sergei Prokofiev