Arquivo da categoría: Cine

A raíña de Katwe, de Mira Nair

reina1Xerardo AgraFoxo. Da man da directora india Mira Nair (Orissa, 1957) e coas interpretacións de David Oyelowo (Selma, Nina Simone, Un reino unido), Lupita Nyong´o (12 anos de escravitude) e Madina Nalwanya, unha bailarina de 15 anos escollida entre 700 candidatas, esta película conta unha historia sucedida nun país onde non hai moito tempo mandaran o corrupto Milton Obote e o tirano Idi Amin Dadá. O argumento d´A raíña de Katwe (2016) transcorre nun arrabalde marxinal de Kampala (Uganda), erguido coma unha favela nas marxes do lago Vitoria,  onde unha moza, Fhiona Mutesi, pretende saír da vida miserenta que a cingue grazas á axuda dun mestre, Robert Katende Seguir lendo A raíña de Katwe, de Mira Nair

Mapas políticos e mapas físicos, ou Hai lémures em Europa?

A "mesquita máis velha da França"
A “mesquita máis velha da França”

Alberte Pagán. De cativo, na escola, sempre me surprendia o dado de que a montanha mais alta do Reino de Espanha fosse o Teide, um afastado volcám que se topava além o oceano. Tampouco nom entendia a existência da Europa como continente, pois contradizia a definiçom do termo. A medida que um ia madurando politicamente começava a entender a orige destas mentiras lingüísticas que, no fundo, eram (som) mentiras políticas. Seguir lendo Mapas políticos e mapas físicos, ou Hai lémures em Europa?

A criada, de Park Chan-Woo

criada1Xerardo AgraFoxo. Esta película está considerada como unha das mellores do cine asiático dos últimos anos. E chéganos da man de Park Chang–Woo, un dos grandes realizadores do cine coreano xunto con Lee Chan–Don (Poetry), Lee Su–Sin (Princesa) e Hong Sang–Soo (Antes si, agora non). A historia de A criada (2016), “multipremiada” en numerosos festivais internacionais, sitúase na Corea dos anos 30, cando o país se atopa baixo a bota nipona. E cóntanos a vida dunha moza, Sookee, que é contratada como asistenta dunha rica muller xaponesa, Hideko, que vive recluída nunha mansión baixo a influencia dun tirano, vello e avarento. Seguir lendo A criada, de Park Chan-Woo