Arquivo da categoría: Cine

Locke, de Steven Knight

locke 1Antón Riveiro Coello. Locke é unha aposta realmente arriscada por minimalista e cun único personaxe en pantalla que axiña nos lembra o perigo ao que se enfrontaron outras películas como Buried, de Rodrigo Cortés ou A vida de Pi, de Ang Lee, nas que a historia recae nun só protagonista. O personaxe de Locke, interpretado polo actor Tom Hardy, é capataz dunha importante empresa de construción que está en vésperas de levar a cabo un vertido de formigón nunca visto en Europa. A historia transcorre dentro dun BMW no que se suceden diferentes chamadas coas que se van conformando as historias dun home que decide desprazarse a unha clínica de Londres onde vai nacer un fillo froito dunha aventura fuxidía cunha muller moi diferente a el. Seguir lendo Locke, de Steven Knight

Nymphomaniac, de Lars von Trier

nymphomaniac-posterXerardo AgraFoxo. Unha fría noite de inverno, Seligman (Stellan Skarsgärd), un solteiro afeccionado á pesca, descobre nunha rúa a Joe (Charlotte Gainsbourg), que está inconsciente no chan despois de sufrir unha malleira. Entón decide levala a súa casa. Mentres a coida, ela cóntalle a súa intensa e atormentada vida sexual, dende a mocidade ata os cincuenta anos. Baixo esta trama argumental, Lars von Trier, remata a triloxía sobre a Depresión –que comezara con Antichristo (2009) e Melacholía (2011)– para narrar unha historia onde o sexo explícito e as escenas sadomasoquistas ocupan boa parte das catro horas de duración. Seguir lendo Nymphomaniac, de Lars von Trier

As dúas caras de xaneiro

Las_dos_caras_de_enero-922281502-largeJ. Carou. A muller decide, poucas veces de xeito gratuíto, que o ciclo vital da relación de parella rematou. Logo da fase de namoramento e todas as súas variantes na que o home elixido se converte para ela en único obxecto de sedución, desexo e fascinación e da posterior etapa de sosego emocional e enxalzamento da seguridade como valor supremo para a crianza dos fillos, se foi o caso, o varón convértese nun accesorio perfectamente prescindíbel. Claro, non é tan sinxelo, doe. El case nunca estivo á altura no tempo transcorrido. Un infantilismo ancestral llo impide. Non se esforzou abondo, coidou que a cousa xa estaba feita e dedicouse, nin el sabe se conscientemente, a ocupacións deportivas, creativas, festeiras ou laborais desvencellándose das atencións Seguir lendo As dúas caras de xaneiro

Nai e fillo, de Calin Peter Netzer

Madre-e-hijo-CartelXerardo AgraFoxo. No ano 2007 o Festival de Cannes premiaba coa Palma de Ouro a película romanesa Catro meses, tres semanas, dous días –una historia centrada no aborto clandestino dunha moza- dirixida por Cristian Mungiu. Outra película deste país, Nai e fillo (Child´s Pose), dirixida por Calin Peter Netzer, gañou o ano pasado o Oso de Ouro do Festival de Berlín e foi seleccionada para os Óscar á Mellor Película Estranxeira. Nestes dous filmes aparecía con luz propia Luminita Gheorghiu, actriz frecuente nos traballos de Michael Haneke. Seguir lendo Nai e fillo, de Calin Peter Netzer