Nai e fillo, de Calin Peter Netzer

Madre-e-hijo-CartelXerardo AgraFoxo. No ano 2007 o Festival de Cannes premiaba coa Palma de Ouro a película romanesa Catro meses, tres semanas, dous días –una historia centrada no aborto clandestino dunha moza- dirixida por Cristian Mungiu. Outra película deste país, Nai e fillo (Child´s Pose), dirixida por Calin Peter Netzer, gañou o ano pasado o Oso de Ouro do Festival de Berlín e foi seleccionada para os Óscar á Mellor Película Estranxeira. Nestes dous filmes aparecía con luz propia Luminita Gheorghiu, actriz frecuente nos traballos de Michael Haneke.

O argumento relata  unha relación fillo/nai enfermiza: Cornelia ten 60 anos e parece infeliz dende que o seu fillo Barbu, 34 anos, decidiu ser independente. Mudouse a un apartamento, ten coche propio, unha noiva que non o merece, segundo Cornelia, e, peor que todo o anterior, evita a súa nai sempre que lle é posible. Cando esta sabe que o seu querido Barbu está involucrado nun tráxico accidente de estrada, empregará todas as súas habilidades, contactos e diñeiro para impedir que o seu rapaz non vaia parar ao cárcere.

madre e hijo 2A película, realizada coa cámara na man e silencios longos e opresivos, convértese nun retrato dos novos ricos que integran a sociedade romanesa. Un escenario onde a corrupción, a chantaxe e o tráfico de influencias aparecen reflectidos a partir do comportamento dunha nai intrigante. Unha muller que, baseándose na súa aparente  boa vontade e xenerosidade e na súa faciana de muller educada, culta e cívica, aproveita  a traxedia dun fillo para manipular a súa personalidade.  A película semella tamén unha radiografía da nosa sociedade, tan corrupta e vulgar coma esa nai protectora e abafante.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *