Antón Riveiro Coello. Mediados os anos oitenta, unha noite de madrugada cheguei á casa co carro un pouco cargado e prendín a televisión. Nese tempo, por sorte para os amantes do cine, Pilar Miró dirixía a televisión española e a horas intempestivas puñan interesantes ciclos de Eisenstein, Kurosawa ou Ernst Lubitsch, entre moitos outros. Lembro que esa noite botaban unha película que me marcaría para sempre: Stalker, do director ruso Andrei Tarkovsky. Era unha historia inaprensible para un rapaz que non había moito atravesara a maioría de idade, pero non sei se un pouco condicionado pola euforia do alcohol ou pola miña necesidade intelectual de atopar algo novo, Seguir lendo Stalker, a alucinación e o fastío
Arquivo da categoría: Cine
Terrence Malick: personaxe e obra
Gonzalo Trasbach. Ou cae coma Deus ou cae fatal. Non hai termo medio con Terrence Malick. O recoñecemento ou a desaprobación da súa obra, ademais das súas virtudes, excesos ou eivas, baséase tamén na constitución da súa personalidade. Unha personalidade esquiva, propia dun artista que rexeita a exhibición pública, aínda que saiba que esta forma parte do xogo e carrexa algunhas obrigas. Neste senso, os medios reprocháronlle que, co gallo de recibir a Palma de Ouro no festival de Cannes do 2011 polo seu penúltimo filme, A árbore da vida, non comparecese na rolda de prensa para argumentar e defender a película, tarefa que delegou nos actores e nos seus produtores. Seguir lendo Terrence Malick: personaxe e obra
La Vénus à la fourrure
J. Carou. O último filme do sempre fascinante Roman Polanski adapta con fidelidade e moito oficio a obra teatral homónima de David Ives. O prestixiado dramaturgo neoiorquino tomou como material base a controvertida novela publicada en 1870 que lle reservaría a Leopold von Sacher-Masoch un oco no Parnaso, A Venus das Peles. A cámara do realizador polaco entra nun antigo teatro parisiense, o Hebertot. Só dous actores, na película e na obra que van representar. Sensacionais tanto Emmanuelle Seigner, parella do director na “vida real”, como Mathieu Amalrie, de asombroso parecido físico co Polanski de hai corenta anos. Seguir lendo La Vénus à la fourrure
De tal pai, tal fillo, de Hirokazu KoreEda
Inés Otero. Ryota Nonomiya, un arquitecto obsesionado co éxito profesional, vive felizmente coa súa muller, Midori, e o seu fillo de seis anos, Keita, ata que un día, logo de recibir unha chamada dende un hospital, o seu mundo interior se esmorece. O importante home de negocios, que vivía só para amasar fortuna e ser cada vez más rico, sufrirá o indicible ante o impacto da insólita noticia. E, para evitar consecuencias máis traumáticas, deberá tomar axiña unha decisión. Así comeza esta conmovedora historia que gañou o ano pasado o Premio do Xurado no Festival de Cannes e o Premio do Público no Festival de San Sebastián. Seguir lendo De tal pai, tal fillo, de Hirokazu KoreEda