Stalker, a alucinación e o fastío

Stalker_1Antón Riveiro Coello. Mediados os anos oitenta, unha noite de madrugada cheguei á casa co carro un pouco cargado e prendín a televisión. Nese tempo, por sorte para os amantes do cine, Pilar Miró dirixía a televisión española e a horas intempestivas puñan interesantes ciclos de Eisenstein, Kurosawa ou Ernst Lubitsch, entre moitos outros. Lembro que esa noite botaban unha película que me marcaría para sempre: Stalker, do director ruso Andrei Tarkovsky. Era unha historia inaprensible para un rapaz que non había moito atravesara a maioría de idade, pero non sei se un pouco condicionado pola euforia do alcohol ou pola miña necesidade intelectual de atopar algo novo, o caso é que fiquei apampado diante desta película que dura case tres horas e fala da Zona, un lugar prohibido de Rusia no que caeu un meteoro.stalker_wishingroom Aí, unhas persoas chamadas stalkers dedícanse a guiar xente ousada que gusta do perigo e desa paisaxe apocalíptica. Confeso que vin Stalker cunha especie de alucinación que despois conectou cos meus soños. Non entendín practicamente nada, pero tanto tiña. A fascinación foi total e nos seguintes días fun na procura de información do director e, sobre todo, desa película tan estraña que me deixara abraiado. Non atopei moito nas enciclopedias e o pouco que había engadía aínda máis desconcerto á miña impresión, porque as escasas críticas da película e a intención do director non tiñan nada que ver co que eu entendera. Entroume un chisco de complexo e volvina ver con esas pautas alleas. stalk15E nada. Outra vez a sensación de asistir a unha película nova. Dende entón, ano tras ano, volvo ver esta película co mesmo interese e alucine da primeira vez, alleo ás impresións de xente como Boyero que din que Stalker é unha película aburrida. Para min é todo o contrario: unha película fantástica, infinda e camaleónica.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>