Apoloxía do plaxio

apologiaRomán Arén. Por máis que teñan soterrado a Anatole France, por moito que a decepción de Proust afectase a súa fama, France aboia sempre. Obras como A illas dos pingüíns ou Os deuses teñen sede seguen a merecer lectores. Pero France foi tamén un interesante crítico literario e esta Apoloxía do plaxio ben o demostra. O estudo breve do influxo de Scarron en Molière amosa o seu espírito lúcido e ensina a diferente valoración que o plaxio (as famosas “fontes” da crítica) tivo na historia literaria. E a sobrevaloración da orixinalidade, como se esta fose un mérito en si mesma. Xa un famoso catedrático de Cambridge dicía que os gatos con dúas cabezas eran orixinais, pero que non eran o paradigma para admirar felinos. anatoleUn gran autor toma de moitas fontes, pero convérteas en propias, fainas súas porque lles pon o seu selo. Remato cunha reflexión de France: “Atribuímonos parvamente virtudes creadores que os máis altos enxeños nunca tiveron; posto que o que de si mesmo engadiron do tesouro común, aínda que infinitamente valioso, é pouco en troques do que recibiron dos homes”.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>