Arquivos da categoría Patricia Torrado Queiruga

O veo dos recordos

mans1Patricia Torrado Queiruga. Todas as mañás, ao espertar, óllaa durmir coa tenrura acugulada de tantos anos. Érguese e, unha vez aseado, vai á horta coller un mando de laranxas para prepararlle un zume exquisito, tórralle unhas rebandas de pan e pon a facerse o café, que inunda co seu recendo toda a casa. Espértaa cun bico agarimoso na meixela, non se vaia asustar; chámaa polo seu nome, e agarda a súa reacción para saber cales serán os pasos a seguir durante a xornada. Continue reading O veo dos recordos

A muller nos sindicatos agrarios sonenses

O traballo da muller foi fundamental no agro, pero non recoñecido

O traballo da muller foi fundamental no agro, pero non recoñecido

Patricia Torrado Queiruga. Para o presente artigo tomamos como referencia o Regulamento da sociedade La Protección Obrera, constituída en Porto do Son en 1901, e o Sindicato Agrario Católico Obrero de San Benito de Seráns de 1926, posto que non temos coñecemento nin dos estatutos da Liga y Sociedad de Agricultores de Santa María de Nebra de 1909 nin dos da Sociedad de Agricultores que supostamente se estableceu no Son en 1903. Continue reading A muller nos sindicatos agrarios sonenses

Festexos taurinos en Porto do Son

touroPatricia Torrado Queiruga. É por todos coñecido que en numerosos lugares da xeografía da nosa bisbarra ao longo do século XX houbo corridas de touros durante as festas populares de cada vila, o que ademais de convertese nunha atracción para a xente destes pobos, tivo tamén unha importancia económica nada desprezable. Continue reading Festexos taurinos en Porto do Son