O veo dos recordos

mans1Patricia Torrado Queiruga. Todas as mañás, ao espertar, óllaa durmir coa tenrura acugulada de tantos anos. Érguese e, unha vez aseado, vai á horta coller un mando de laranxas para prepararlle un zume exquisito, tórralle unhas rebandas de pan e pon a facerse o café, que inunda co seu recendo toda a casa. Espértaa cun bico agarimoso na meixela, non se vaia asustar; chámaa polo seu nome, e agarda a súa reacción para saber cales serán os pasos a seguir durante a xornada.

Coñecéronse cando ela contaba vinte primaveras e moitos soños por realizar, el corenta e tres invernos e moita vida nos seus petos. Estaban nunha cafetaría, ela lendo algo que lle recomendaran na facultade, e el cos seus compañeiros de oficina, rindo dalgunha cousa que de seguro carecía de importancia. E sen saber moi ben como, as súas miradas enguedelláronse, con curiosidade e, dalgún xeito, atoparon a maneira de falarse cunha escusa que xa non lembran, víronse en varias ocasións e remataron por provocar cada un dos seus encontros fuxidíos.

Saciaban a súa sede con gorentosos bicos, asolagábanse en amor e quecíanse a alma con promesas. El cumpriu as súas, pechou unha relación anterior que o atormentaba, e ela blindou o seu corazón para dedicarse a el.

As súas vidas enchéronse de sorrisos, ilusións, atrancos no camiño, viaxes, amigos, dous fillos e un porvir común que os fixeron felices.

mans2Esta mañá, ela recoñéceo; algo que non sempre lle ocorre. Dálle os bos días, pronuncia o seu nome con dozura, acaríñalle a cara tenramente. El vístea con delicada parsimonia. A roupa interior, unhas medias, e ese vestido que a ela tanto lle gusta, preñado de cor e ledicia. Cóllelle os pés entre as mans e bícallos antes de poñerlle os zapatos, xesto que ela corresponde cun sorriso.

Condúcea ata a cociña. Sobre a mesa, o almorzo e unha feble rosa do xardín; ela úlea, dálle as grazas, fica coa ollada perdida, e pregúntalle quen é.

El, que xa se laiou moitas veces en silencio pola enfermidade que lla leva, afronta un novo día con forza; sabe que non pode mudar as cousas. Así, que coma moitos outros días cóntalle a súa historia e agradece intimamente poder seguir gozando dos pequenos intres de cálida lucidez, de socairo, que a vida lle outorga, dedicando as súas atencións a quen máis recordos felices lle ten procurado.

Esta entrada foi publicada en Narrativa, Patricia Torrado Queiruga. Garda a ligazón permanente.

6 respostas a O veo dos recordos

  1. Magdalena di:

    Gracias a ti, Patricia. Los artículos que te he leído ” A muller nos sindicatos agrarios sonenses ” ” Festexos taurinos en Porto do Son ” y este último ” O veo dos recordos ” están llenos de sensibilidad y ternura. Se nota que lo has vivido.
    Besiños Patricia

  2. Magdalena di:

    Hola Patricia: Esta historia me ha tocado la fibra de la sensibilidad y te diré el motivo: Mis padres fueron emigrantes y yo me quedé con los abuelos. Mi abuela era una excelente cocinera pero poco a poco fui dándome cuenta de que había perdido el interés por la cocina. Lo achaqué a que se encontraría cansada y cogí yo ” las riendas ” pero un día de repente ( estábamos sentadas en el cuarto donde yo bordaba ) y me dijo:- Esos cuadros son iguales a los de nuestra casa. y esta mesa también. Yo me quedé mirándola perpleja y le dije : ¡Abuela, esta es nuestra casa! y me contestó que no, que aquella no era nuestra casa. Y a partir de aquel día sus momentos de lucidez fueron acortándose tanto que cuando mis padres llegaron nuevamente a su casa, la abuela ya no reconoció a su propia hija. Vivió así diez años. Pero lo más triste fue que la historia volvió a repetirse con mi madre y mi tía. Yo trato de leer y ejercitar la mente lo máximo posible, pero mi abuela y mi madre también lo hacían y la demencia no quiso olvidarse de hacerles esa incómoda visita que llega y se aposenta donde nadie los ha llamado y se alojan para quedarse como los invitados gorrones.
    Un beso Patricia. Volveré a leerte desde Palmeira

    • Patricia Torrado di:

      Grazas pola túa lectura, Magdalena. A idea deste texto naceu xa hai tempo; pois dende ben pequena estiven preocupada por atopar un método para que o recordo perdurase, e como non podía ser doutro xeito comecei a encher libretas, diarios e todo canto anaco de papel atopaba con debuxos, lembranzas do día a día, poesías e textos soltos.
      Co paso dos anos, decateime que alguén a quen tiña moi preto de min, comezaba a ter alzheimer, o meu avó materno, co que me criei de cativa. E dese xeito as cousas que el non lembraba era eu quen llas facía recordar malia que algunhas veces me ollaba como se dunha historia que non coñecera de antes se tratara. Así mesmo, o tempo pasa inexorablemente e se a falta de recordos nos atrapa, oxalá teñamos a alguén que os lembre por nós. Grazas de novo pola lectura e a túa experiencia. Bicos mil

  3. carmen gonzález di:

    Tengo un despiste soberano y me he olvidado de de despedirme.
    Sigue escribiendo cosas tan bonitas.
    Unha aperta forte.

  4. carmen gonzález di:

    Muy hermoso tu testimonio. Me ha hecho recordar un caso similar que viví hace algún tiempo viajando en un autobús urbano:
    Los asientos situados frente al mío estaban ocupados por dos viejecitos -hombre y mujer- que me miraban con expresión sonriente, aunque la mirada de la mujer más que mirarme parecía perderse en el vacío. Llevaban sus manos entrelazadas y en el semblante del hombre se notaba el deseo de hablar.
    No recuerdo si fui yo la que inició la charla con algún comentario trivial, pero el caso es que aquel hombre comenzó a dar rienda suelta a sus sentimientos: “Si usted la hubiese conocido hace unos años… Hoy no es ni la sombra de lo que fue: alegre, culta, sociable, bellísima… Me enamoré de ella nada más comenzar el curso y nunca más nos separamos; porque, además, estudiábamos la misma carrera. Fuimos muy felices –y lo seguimos siendo- aunque tienes la sensación de que ni padece ni siente. Es como un bebé al que hay que cuidar. A veces parece asomar a su semblante un atisbo de cordura y en ese momento le prodigo más besos y caricias que nunca. Como si eso fuese posible… Es dócil y se deja conducir. Si el tiempo lo permite, bajamos al parque o cogemos un autobús hasta final de trayecto, sin apearnos hasta el regreso. Como hoy”.
    El hombre siguió dando rienda suelta a sus emociones, mientras miraba a su compañera con una ternura infinita, aunque ella no se percatara del gesto ¿O sí?

    • Patricia Torrado di:

      Mil grazas pola túa lectura, querida Carmen. Teño que recoñecer que dun xeito ou doutro nos textos que ao longo da miña vida fun xuntando en diversas carpetas ou libretas sempre queda o pouso dunhas cantas obsesións ou teimas, o papel da muller na historia, a represión franquista e o alzheimer, que se xuntaron coas miñas teimas fotográficas e ilustradoras, que todas levaban a un mesmo camiño, as mans.
      O alzheimer, por unha razón profundamente emocional, pois que somos senón pura emoción, seres vívidos dos cais se non recordamos as pegadas que o tempo deixou en nós nos deixa sen sostén, sen saber quen raio somos, quen son os que nos rodean. E todo deixa de ter sentido. A MEMORIA, querida Carmen, é a conquista dos pobos, sen ela, que queda?

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>