Arquivo da categoría: Fidel Vidal

Arredor da morte

765796Fidel Vidal. Arredor da morte ou a morte arredor? Nesta longa tempada cando alguén falece sentimos a curiosidade de saber se foi a causa da Covid. Como se as demais importaran menos ou non estivesen de actualidade. En certas ocasións Isaac Díaz Pardo dicía que lle gustaría morrer fusilado. Sen minusvalorar a efeméride patriota, pola miña banda, participando do ecoloxismo e esquecendo a San Mamés, eu anhelaba ser comesto polos leóns como os primeiros cristiáns no circo romano. Un xeito de acadar un privilexiado posto no santoral. Seguir lendo Arredor da morte

Murmurios (de) ausentes, de Xabier L Marqués

O Andel. Murmurius_de_ausentesFidel Vidal. O comezo da obra de Xabier L. Marqués (Murmurios (de) ausentes, coidada edición a cargo de Pastor Rodríguez, 2021), desde o seu primeiro verso fainos axustar o dial para non perder palabra: Tería que ser a vida tan interesante como se nos dixo? (p. 5). Mais, por seguir o protocolo -proto-colo, resumo pegado con cola como primeira páxina-, vén ao caso partir do verdadeiro principio, quer dicir, da mesma portada, do título que o autor lle dá a este libro. Murmurio, do latín murmurare, “dise da corrente das augas e tamén do vento, das follas”, “son brando e pracenteiro”. Murmurios, coa s tachada. Murmurar tamén significa falar mal de alguén. Aí estamos: Ti, si, ti: aquel que sabe por que bisbaban tras da porta do salón todo ángulo escuro. Ás toas. Seguir lendo Murmurios (de) ausentes, de Xabier L Marqués

O sentido da pedra

2019-06-26-14-31-34-1200x900Fidel Vidal. Escribir sobre a pedra é sinalar a pedra fundadora na escrita (nas Escrituras), as leis iniciais na primeira pedra (alicerce) sobre a que se edifica o texto. E ese texto -e non a pedra da que fala-, será, se non eterno si algo próximo ou aproximado, na escrita. A area tamén, e o ar ateigado de po en suspensión, suspendida no tempo, na imaxinación do tempo e do temporal Seguir lendo O sentido da pedra