Arquivo da categoría: Fidel Vidal

Un Coup de dés, de Mallarmé. Apuntamentos (II)

7173779.image_Fidel Vidal. En outubro de 1864, Mallarmé escribe a Cazalis: “Finalmente comecei o meu Herodías. Con terror, porque invento unha linguaxe que debe necesariamente xurdir dunha poética moi nova, á que só podería definir así: pintar, non a cousa, senón o efecto que produce. O verso non debe, pois, comporse de palabras senón de intencións, e todas as palabras deben desaparecer ante a sensación. Quero, por primeira vez na miña vida, lograr algo. De non conseguilo, endexamais tocarei unha pluma”. Seguir lendo Un Coup de dés, de Mallarmé. Apuntamentos (II)

Un Coup de dés, de Mallarmé. Apuntamentos (I)

Cuberta+lomboFidel Vidal. Mallarmé é o creador dun impresionismo literario. Escribiu que a súa intención era “pintar non a cousa, senón o efecto que produce”, polo que o verso non debía comporse de palabras, senón de intencións e que, ante a sensación, se borrasen todas as palabras. O depresivo Juan Ramón Jiménez, malia aceptalo como un poeta artificial (arte con oficio) mais un poeta indiscutible, referíase a el coma o “triste Mallarmé”, un poeta na procura dun alén da idea pura, detrás da invención dunha nova poética. Seguir lendo Un Coup de dés, de Mallarmé. Apuntamentos (I)

Un artista da fame, de Franz Kafka

fameFidel Vidal. Ademais dos motivos relixiosos (o xaxún pola Coresma), políticos ou de protesta (folgas de fame), ou por razóns médicas (dietas especiais), houbo outras formas de pasar sen comer, coma os profesionais que xaxuaban por mor de daren espectáculo, diversión para a xente. Eran tempos de pobreza nos que estes homes gañaban o sustento de mañá pasando fame hoxe. Se noutrora -estamos a falar de finais do século XIX e principios do XX- abondaban as representacións dos “xaxuadores”, tempo despois deixaron de se exhibiren por falta de interese no público. Seguir lendo Un artista da fame, de Franz Kafka

O delito como destino

cainFidel Vidal. O primeiro asasinato da historia da humanidade foi cometido por un labrego chamado Caín, primoxénito, que mata por celos o seu irmán, o pastor Abel. O día en que ambos os dous levaron ofrendas ao Señor, este aceptou soamente as primicias do gando de Abel rexeitando os froitos de Caín. Caín montou en cólera –debido á envexa causada pola decisión do Señor- e matou a Abel. Ao pouco o Señor, como se non o soubera, pregunta cinicamente:

-Onde está o teu irmán Abel? Seguir lendo O delito como destino